Equidna de fociño longo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Equidna de fociño longo
Equidna de fociño longo occidental(Zaglossus bruijni)
Equidna de fociño longo occidental
(Zaglossus bruijni)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Monotremata
Familia: Tachyglossidae
Xénero: ''Zaglossus''
Gill, 1877
Especie tipo
'Tachyglossus bruijni'
Peters e Doria, 1876
Especies

Zaglossus attenboroughi
Zaglossus bartoni
Zaglossus bruijni
Zaglossus hacketti
Zaglossus robustus

O Equidna de fociño longo é un dos dous xéneros (xénero Zaglossus) de equidnas, monotremas espiñosos que viven en Nova Guinea. O equidna de fociño longo tamén habita en Australia.[1] Hai tres especie existentes e dúas extintas neste xénero. O equidna é un dos dous tipos de mamíferos que poñen ovos, sendo o outro o ornitorrinco. Os equidnas son os sobreviventes dos mamíferos máis antigos e foron uns dos primeiros en amosar sinais de evolución.[2] O equidna de fociño longo aparece na lista de especies ameazadas pola World Conservation Union.[3]

Especies[editar | editar a fonte]

Zaglossus attenboroughi[editar | editar a fonte]

  • Hábitat: rexións de Nova Guinea a grande altura, como os bosques de montaña
  • Era: Actualidade
  • Perigo crítico[4]

Zaglossus bartoni[editar | editar a fonte]

  • Hábitat: Cordilleira central entre os Lagos Paniai e o Nanneau Range, así como na Península Huon
  • Era: Acutalidade
  • Perigo crítico[5]

Zaglossus bruijni[editar | editar a fonte]

  • Hábitat: Selvas de montaña de Nova Guinea
  • Era: Actualidade
  • Perigo crítico[6]

Zaglossus hacketti[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Zaglossus hacketti.
  • Hábitat: Australia Occidental
  • Era: Plistoceno superior
  • Fósil
  • Esta especies é coñecida só por resto óseos. Dun metro de lonxitude, era enorme en comparación cos equidnas ou monotremas actuais.

Zaglossus robustus[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Zaglossus robustus.
  • Hábitat: Tasmania
  • Era: Plistoceno
  • Fósil
  • Esta especie é coñecida por unha caveira fósil de 65cm de longo.
  • Tiña moitas puntas ó longo das costas para protexerse de depredadores e máis usábano como arma.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bisana S, Kumar S, Rismiller P, Nicol SC, Lefe`vre C, et al. (2013) Identification and Functional Characterization of a Novel Monotreme- Specific Antibacterial Protein Expressed during Lactation. PLoS ONE 8(1): e53686. doi:10.1371/journal.pone.0053686
  2. Werneburg, Ingmar, and Marcelo R. Sanchez-Villagra. "The Early Development of the Echidna, Tachyglossus." Acta Zoologica 92 (2011.): 75-88. EBSCOhost. Web. Apr.-May 2013.
  3. Oplang, Muse D. "HOME RANGES, MOVEMENT, AND DEN USE IN LONG-BEAKED ECHIDNAS, ZAGLOSSUS BARTONI, FROM PAPUA NEW GUINEA. Full Text Available." Journal Of Mammology 90 (2009): 340-46. EBSCOhost. Web. 18 Apr. 2013
  4. Modelo:IUCN2008 Database entry includes justification for why this species is listed as critically endangered.
  5. Modelo:IUCN2008 Database entry includes justification for why this species is listed as critically endangered.
  6. Modelo:IUCN2008 Database entry includes justification for why this species is listed as critically endangered