Epigónidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Epigonus denticulatus

Os Epigónidos (Epigonidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Están distribuídos polos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.

Características[editar | editar a fonte]

Diferéncianse dos Apogónidos (outra familia dos Perciformes) en que teñen normalmente 25 vértebras, máis de seis infraorbitais, cartilaxe do rostro moi alargado e as aletas dorsal e anal brandas suaves e recubertas de escamas.

A lonxitude máxima rexistrada é de 58 cm (xénero Epigonus).

Clasificación[editar | editar a fonte]

Divídense en sete xénero e 34 especies:

  • Xénero Brephostoma
  • Xénero Brinkmannella
  • Xénero Epigonus (o máis representado, con 27 especies)
  • Xénero Florenciella
  • Xénero Microichthys
  • Xénero Rosenblattia
  • Xénero Sphyraenops

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Epigónidos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Epigónidos