Epicótilo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema duna plántula de Acer mostrando (en C e D) o hipocótilo e o epicótilo.

En terminoloxía botánica, denomínase epicótilo a parte do caule da plántula (planta embrionaria) que se está situada por riba do punto de inserción dos cotiledóns. (A que está por debaixo, é o hipocótilo).

Notras palabras, trátase do primeiro entrenó dunha planta.[1]

Na maioría das plantas o epicótilo eventualmente desenvolverase nas follas da planta.

Nas plantas monocotiledóneas, a primeira porción da plántula que emerxe do solo ou da semente é o epicótilo, da que xorden os primeiros gromos e follas.

Nas plantas dicotiledóneas, o hipocótilo é o caule que se ve baixo os cotiledóns murchos, sendo o caule xusto por riba o epicótilo. Nas plántulas de xirasol ou dos pradairos (xénero Acer), pode verse a diferenza entre epicótilo e hipocótilo, as dúas partes en que queda dividido o caule polo primeiro par de follas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Font Quer, P. (1993): Diccionario de Botánica. 2 vols. Barcelona: Editorial Labor S. A. ISBN 84-335-0078-3.

Véaxse tamén[editar | editar a fonte]