Eparquía ortodoxa rusa de Amur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eparquía de Amur
Datos xerais
Erixida5 de outubro de 2011
LocalizaciónRusia
Información
IgrexaIgrexa Ortodoxa Rusa
RitosRito bizantino
Xerarquía
PatriarcaCirilo I
EparcaNikolai Ashimov
Outros datos
Páxina webeparhia-amur.ru

A eparquía de Amur é unha sé da Igrexa Ortodoxa Rusa, parte da metrópole de Priamursk.

Territorio[editar | editar a fonte]

A eparquía ten xurisdición sobre os raions de Vanino, Verkhnebureinsk, Komsomolsk, imeni Poliny Osipenko, Solnechnyi e Ulch, no krai de Khabarovsk, en Rusia. A sé eparquial está na cidade de Komsomolsk-na-Amure. O territorio está dividido en 16 parroquias.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi estabelecida por decisión do Sínodo da Igrexa Ortodoxa Rusa o 5 de outubro de 2011, en terreos da eparquía de Khabarovsk. O mesmo día, pasou a formar parte da metrópole de Priamursk.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]