Eparquía católica ucraína de Londres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eparquía da Sagrada Familia de Londres
Eparchia Sanctae Familiae Londiniensis
Escudo
Erixida10 de xuño de 1957
Poboación
- Fieis

10.130
Información
Igrexa particularIgrexa Ucraína
RitosBizantino
Xerarquía
PapaFrancisco
Arcebispo MaiorSviatoslav Shevchuk
BispoHlib Lonchyna

A eparquía da Sagrada Familia de Londres (en latín: Eparchia Sanctae Familiae Londiniensis) é unha sé da Igrexa Católica Bizantina Ucraína inmediatamente suxeita á Santa Sé. En 2012 tiña 10.130 bautizados. O seu bispo é Hlib Lonchyna.

Territorio[editar | editar a fonte]

O territorio da eparquía abrangue a illa de Gran Bretaña, onde ten xurisdición sobre todos os fieis grecocatólicos ucraínos e bielorrusos.

A sé episcopal é a cidade de Londres, onde está a Catedral da Sagrada Familia no Exilio. O territorio está dividido en 18 parroquias e 32 misións.

Xeograficamente, a eparquía máis próxima da Igrexa Católica Ucraína é a eparquía de París.

Historia[editar | editar a fonte]

O 10 de xuño de 1957 foi erixido o exarcado apostólico de Inglaterra e Gales coa bula Quia Christus de Pío XII, que o 12 de maio de 1968 estendeu a súa xurisdición a toda Gran Bretaña co decreto Apostolica Constitutione da Congregación para as Igrexas Orientais.

O 18 de xaneiro de 2013 o exarcado apostólico foi elevado ao rango de eparquía coa bula Christi in terris de Bieito XVI, e tomou o nome actual.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]