Eoraptor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eoraptor
Rango fósil: Triásico superior
Eoraptor sketch5.png
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Superorde: Dinosauria
Orde: Saurischia
Suborde: Theropoda?
Xénero: ''Eoraptor''
Especie: ''E. lunensis''
Nome binomial
''Eoraptor lunensis''
Sereno et al, 1993

Eoraptor ("ladrón do amencer") é un xénero representado por unha única especie de dinosauro saurisquio, probablemente terópodo, que viviu a finais do período Triásico,fai aproximadamente 230 e 225 millóns de anos, no Carniano, no que hoxe é Sudamérica. Eoraptor lunensis significa o "primeiro ladrón do Val da Lúa", denotando o nome da especie lunensis onde foi descuberto orixinalmente e o nome xenérico da combinación das palabras en grego Eo que significa amencer e da latina raptor, ladrón. Os paleontólogos creen que o Eoraptor é o máis semellante ao antepasado común de todos os dinosauros. Sábese de varios esqueletos ben preservados.