Enzo Maqueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEnzo Maqueira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de novembro de 1977 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata

Enzo Sebastián Maqueira, nado en Buenos Aires o 5 de novembro de 1977, é un xornalista arxentino, coñecido profesionalmente como Enzo Maqueira. Formouse en Comunicación Social no Centro de Altos Estudos en Ciencias Exactas de Buenos Aires. Tamén é profesor universitario, editor, músico, actor e escritor de novelas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É teclista nunha banda chamada Monstruito. Os seus últimos traballos foron Ruda macho (2010) e El impostor (2011). Participou en importantes publicacións como a Revista Lea, con "La cachiporra de la democracia. Los medios de Comunicación y la estúpida clase media argentina", de Buenos Aires, na edición de decembro de 2004, pola editoral Latinoamericana. Foi editor adxunto da revista Leer e traballou nos medios de impresa e radio. Maqueira tamén é co-fundador da publicación Outsider.

Dentro do medio artístico e xornalístico Maqueira é coñecido por interactuar en varios ámbitos, sobre todo actuando e fomentando o xornalismo literario.

Obra[editar | editar a fonte]

  • El Impostor, Ed Lea, Buenos Aires, outubro de 2011.
  • Ruda macho, Ed Lea, Buenos Aires, novembro de 2010, 160 páxs.
  • Historias de putas, Ed Lea, Buenos Aires, abril de 2008, 150 páxs.
  • Cortázar, el perseguidor de la Libertad, Ed Lea. Buenos Aires, abril de 2004. 90 páxs.
  • Cortázar, de cronopios y compromiso, Ed Longseller. Buenos Aires, marzo de 2003. 160 páxs.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]