Enxeñaría civil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Enxeñería civil")

A enxeñaría civil é unha rama da enxeñaría, que aplica os coñecementos de física, química, cálculo, xeografía e xeoloxía á elaboración de infraestruturas, obras hidráulicas e de transporte. A denominación "civil" débese á súa orixe diferenciada da enxeñaría militar.

Ten tamén un forte compoñente organizativo que logra a súa aplicación na administración do ambiente urbano principalmente, e frecuentemente rural; non só no referente á construción, senón tamén, ao mantemento, control e operación do construído, así como na planificación da vida humana no ambiente deseñado desde esta mesma. Isto comprende plans de organización territorial como prevención de desastres, control de tráfico e transporte, manexo de recursos hídricos, servizos públicos, tratamento de lixos e todas aquelas actividades que garanten o benestar da humanidade que desenvolve a súa vida sobre as obras civís construídas e operadas por enxeñeiros.

Áreas do coñecemento[editar | editar a fonte]

Obra civil: Escavadora traballando.

Os coñecementos necesarios para exercer de enxeñeiro civil son:

  • coñecementos e bases de xeometría e todo tipo de cálculos e manipulacións matemáticas que sexan aplicables en problemas de enxeñaría.
  • Coñecementos de cálculo de esforzos e deformacións en estruturas ante diferentes accións (comportamento das vigas dun ponte ante o paso dun tren, dunha presa ante a presión hidrostática da auga que retén, dunha zapata ao transmitir o peso da estrutura que sustenta ao terreo.)
  • Coñecementos dos materiais que se utilizan na execución da obra (resistencia, peso, envellecemento, etc.).
  • Coñecementos do comportamento do terreo ante as solicitudes das estruturas que se apoien nel (capacidade portante, estabilidade, etc.).
  • Coñecementos de hidroloxía para o cálculo de avenidas ou caudais para o deseño de presas, luces de pontes, etc.
  • Coñecemento de técnicas de cálculo de aforamentos para a dimensión das estradas, etc.
  • Coñecementos de estética, de historia, de arte, da paisaxe, etc.
  • En España, do mesmo xeito que en Francia ou Perú, coñecementos de urbanismo e de ordenación do territorio, que permiten comprender as fortes implicacións territoriais e de ordenación poboacional que supón as grandes obras de infraestrutura.
  • Coñecemento dos procedementos, técnicas e maquinaria necesarios para a aplicación dos coñecementos anteriores.

Campos de aplicación[editar | editar a fonte]

Obra civil: construción dun falso túnel en Burgos.

O seu campo de aplicación é moi amplo. Estarían, por exemplo, as infraestruturas do transporte:

As obras hidráulicas:

A intervención sobre problemas de estabilidade do terreo.

As estruturas que compón as obras anteriores.

En xeral, as obras de enxeñaría civil implican o traballo dunha gran cantidade de persoas (en ocasións centos e ata miles) ao longo de lapsos que abarcan desde unhas poucas semanas ou meses ata varios anos.

Debido ao elevado custo dos traballos que se acometen boa parte dos traballos que se realizan son para o Estado, ou ben para grandes compañías que pretenden a explotación dunha infraestrutura a longo prazo (autoestradas e túneles de peaxe, compañías de ferrocarril, etcétera). Con todo, as súas técnicas son tamén aplicadas para obras semellantes ás anteriores pero de máis pequena escala, como poderían ser:

  • A contención dun terreo difícil na escavación para a cimentación dun edificio.
  • A execución da estrutura dun edificio.
  • O deseño e execución dos sistemas de distribución de auga potable e rede de sumidoiros dunha pequena poboación (incluíndo as estacións de tratamento de auga potable (ETAP), equipos de bombeo, estacións de depuración de augas residuais (EDAR), etc.
  • O deseño e urbanización das rúas dunha pequena poboación

Ademais, son tamén competencia dun enxeñeiro civil:

  • A planificación, deseño e control dos sistemas de transporte urbano, incluíndo o deseño de intercambiadores e a creación de novas liñas ou modificación das existentes.
  • Adopción de novos sistemas de transporte que non existan nese momento, como liñas de metro ou metro lixeiro (máis comunmente coñecido como tranvía).
  • Planificación, execución e administración de plantas de tratamento ou incineración de residuos e vertedoiros.
  • Labores auxiliares de enxeñería (control de calidade, ensaios de laboratorio, supervisión de temas de seguridade e saúde).
  • Mantemento de todas as anteriores

Desta forma, un enxeñeiro civil non se limita ás grandes obras de infraestrutura, moi raras debido ao seu elevado custo.

Historia[editar | editar a fonte]

A enxeñaría civil é a aplicación dos principios físicos e científicos, e a súa historia está estreitamente vinculada aos avances no coñecemento da física e as matemáticas a través da historia. Debido a que o campo de aplicación da enxeñaría civil é moi amplo, incluíndo varias subdisciplinas, a súa historia está relacionada co estudo e a comprensión de estruturas, ciencia de materiais, xeografía, xeoloxía, chans, hidroloxía, medio ambiente, mecánica e outros campos.

Na antigüidade e na idade media, a maioría das construcións de obras arquitectónicas levou a cabo polos artesáns, como albaneis e carpinteiros, pasando a ser mestre de obras. O coñecemento mantívose nos gremios e de cando en cando cambiado polos avances que ían ocorrendo. Estruturas, camiños e a infraestrutura existente era repetitiva, e incrementaba en escala.[1]

Un dos primeiros exemplos do uso da física e as matemáticas aplicables ao uso da enxeñaría civil é o traballo de Arquimedes no século III a.C., incluíndo o principio de Arquimedes e a solución ao bombeo de auga grazas ao parafuso que inventou. Brahmagupta, un matemático indio, utilizou a aritmética no século VII d.C., baseado na numeración arábiga-hindú, para o cálculo do volume de escavacións.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Enxeñaría civil