Envisat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Envisat
Envisatmod.jpg
Modelo do Envisat a escala 1:1.
Tipo Observación terrestre.
Organización ESA
Satélite de Terra
Data de lanzamento 1 de marzo de 2002, 1:07 UTC[1][2][3]
Foguete portador Ariane 5[2][4]
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Kourou[2][5]
Obxectivo da misión Investigación do medio ambiente terrestre.[2][5]
NSSDC ID 2002-009A
Masa 8211 kg[4]
Dimensións 2,5 m x 2,5 m x 10 m[2]
Potencia 6,5 kW[2]
Semieixo maior 7144,9 km[1]
Inclinación 98,5 graos[1]
Apoapse 774,6 km[1]
Periapse 773,2 km[1]

Envisat (acrónimo de Environmental Satellite) é un satélite artificial da ESA lanzado o 1 de marzo de 2002 desde o centro Espacial de Kourou mediante un foguete Ariane 5.

Características[editar | editar a fonte]

Envisat está adicado a estudar a superficie terrestre, a atmosfera, o xeo e os océanos e as interaccións entre eles, o quentamento global, o burato de ozono e a desertización usando dez instrumentos que fan medicións e toman imaxes nunha amplia banda do espectro electromagnético, desde radiofrecuencia ata o ultravioleta.[2][3]

A alimentación eléctrica é proporcinada por un panel solar de 4 x 12 metros e que produce unha potencia de ata 6,5 kW. O satélite leva a bordo tres grabadoras de cinta para almacenar datos, de 30 Gbits de capacidade cada unha, e unha grabadora de estado sólido de 60 Gbits de capacidade. As comunicacións teñen lugar nas bandas X e Ka a tasas de ata 100 Mbits/s.[2]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

Envisar leva dez instrumentos a bordo:[2]

  • ASAR (Advanced Synthetic Aperture Radar): radar de apertura sintética que funciona con feixes a 5,33 GHz e proporciona imaxes cunha resolución menor a 30 metros en franxas cun ancho de máis de 100 km.[2]
  • GOOS (Global Ozone Monitoring by Occultation of Stars): mide o ozono atmosférico e outros gases traza en alturas de entre 20 e 100 km mediante a observación a través da atmosfera dunha entre 25 estrelas posibles e medindo o seu espectro en diferentes bandas para cuantificar a absorción que os gases atmosféricos producen no mesmo.[2]
  • MERIS (Medium Resolution Imaging Spectrometer): espectrómetro adicado a observar a pigmentación e vexetación oceánicas e a nubosidade sobre os mares na banda entre 390 e 1040 nanómetros. Usa cinco cámaras e o ancho da franxa que observa é de 1150 km.[2]
  • MIPAS (Michelson Interferometer for Passive Atmospheric Sounding): interferómetro de transformada de Fourier para medir vinte gases traza, entre eles CFC e óxidos de nitróxeno, mediante a súa emisión na franxa entre 4,15 e 14,6 micrómetros.[2]
  • RA-2 (Radar Altimeter 2): radar e altímetro que funciona cunha potencia de 160 vatios e a unhas frecuencias de 13,57 GHz e 3,2 GHz. Mide as alturas de terras e océanos cunha precisión de 4 cm.[2]
  • MWR (MicroWave Radiometer): radiómetro para medi-la humidade atmosférica. Traballa a unhas frecuencias de 28,8 e 36,5 GHz.[2]
  • LRR (Laser Retro-Reflector): reflexa pulsos láser emitidos desde estacións terrestres para proporcionar información sobre a altura do satélite.[2]
  • AATSR (Advanced Along Track Scanning Radiometer): radiómetro usado para medi-las temperaturas superficiais dos océanos cunha precisión de 0,5 K.[2]
  • DORIS (Doppler Orbitography and Radio-positioning, Integrated by Satellite): receptor usado para a determinación precisa da órbita mediante a medición do efecto Doppler en transmisións desde bases terrestres de microondas a lonxitudes de onda de 2,036 GHz e 401,25 MHz. Con este método a posición do satélite pódese establecer cunha precisión de 1 metro e a súa velocidade cunha precisión de 2,5 mm/s.[2]
  • SCIAMACHY (SCanning Image Absorption spectroMeter for Atmospheric CartograpHY): usado para analizar radiación emitida e dispersada pola estratosfera e a troposfera na banda entre 240 e 2400 nm a través de oito canais.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "ENVISAT" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=27386. Consultado o 16 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 2,17 2,18 "Envisat 1" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=2002-009A. Consultado o 16 de xaneiro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 11 August 2003 from the Head of the Legal Department of the European Space Agency to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (03-87784): 3. 9 de setembro de 2003. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=1219. 
  4. 4,0 4,1 "Envisat 1" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/envisat.htm. Consultado o 16 de xaneiro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 "Envisat" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/envisat.htm. Consultado o 16 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]