Entorse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nocello escordado.

Entorse ou escordamento é a perda momentánea da congruencia articular (cápsula articular e/ou ligamentos) dunha articulación. Tamén pode ser definida como unha lesión traumática dunha articulación con alongamento, arrancamento ou rotura de un ou máis ligamentos, sen luxación das superficies articulares.

Características[editar | editar a fonte]

Os entorses causan inflamación e dor de comezo súpeto que vai minguando paseniñamente, provocando impotencia funcional e incluso parálise temporal. O período de recuperación varía en relación á gravidade e a cronicidade da lesión. Determinados deportes adoitan provocar lesións crónicas, sen seren taxónomicos: