Enterobacter
| Enterobacter | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Enterobacter cloacae en ágar TSB. |
|||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||
|
|||||||||||||
| Especies | |||||||||||||
|
E. aerogenes |
|||||||||||||
| Sinonimia | |||||||||||||
|
Cloaca Castellani & Chalmers, 1919 |
|||||||||||||
Enterobacter é un xénero de bacterias Gram negativas, anaerobias facultativas, con forma de bacilo da familia Enterobacteriaceae. Varias cepas desta bacteria son patóxenas e causan infeccións oportunistas en individuos inmunodeprimidos (xeralmente hospitalizados) e nos que requiren ventilación mecánica. Os tractos urinario e respiratorio son os sitios de infección máis comúns.
As dúas especies máis importantes clinicamente son E. aerogenes e E. cloacae; máis rara é E. sakazakii.
- Enterobacter aerogenes é unha bacteria comensal do tubo dixestivo. Pode ser responsable de infeccións urinairas e de infeccións nosocomiais (hospitalarias). Existen problemas de polirresistencia aos antibióticos.
- Enterobacter cloacae comensal do tubo dixestivo humano e de animais, pode encontrarase en solos e nas augas residuais. Certas cepas poden ser responsables de infeccións nosocomiais.
- Enterobacter sakazakii é unha causa rara de septicemias neonatais e dunha forma de meninxite de evolución grave. Informouse de infeccións asociadas ao consumo de alimentos por bebés. [1] [2]
Índice |
Diagnose [editar]
As súas características de laboratorio son lactosa positiva, indol negativa e urease negativa.[3] É unha enterobacteria que pode realizar a fermentación butanodiólica.[4]
Notas [editar]
- ↑ INVS 04/04/06 Infections à Enterobacter sakazakii associées à la consommation d'une préparation en poudre pour nourrissons France, octobre à décembre 2004. Rapport d'investigation. Mars 2006. 4 avril 2006
- ↑ CDC ; Anna B. Bowen et Christopher R. Braden ; Synopsis Invasive Enterobacter sakazakii Disease in Infants ;Volume 12, Number 8–August 2006
- ↑ Russo Thomas A, Johnson James R, "Chapter 143. Diseases Caused by Gram-Negative Enteric Bacilli" (Chapter). Fauci AS, Braunwald E, Kasper DL, Hauser SL, Longo DL, Jameson JL, Loscalzo J: Harrison's Principles of Internal Medicine, 17e
- ↑ Madigan, M. T, Martinko, J. M. & Parker, J. 2003. Brock Biología de los Microorganismos, 10ª edición. Ed. Prentice-Hall, Madrid. Páxina 376. ISBN 978-84-205-3679-8.