Enrique Zas Simó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Enrique Zas Simo»)
Enrique Zas Simó
Nacemento25 de xuño de 1877
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento2 de febreiro de 1929
Lugar de falecementoA Habana
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Enrique Zas Simó,[1][2] nado na Coruña o 25 de xuño de 1877 e finado na Habana o 2 de febreiro de 1929, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1905 emigrou a Cuba e volveu a España para as súas investigacións.[2]

A Real Academia Galega nomeouno membro correspondente en 1919.[2]

Fundador e director de La Región Gallega, colaborou en Cuba Contemporánea, Ideal Gallego, Labor Gallega, Pro-Galicia e La Ilustración. Escribiu o conto De raza brava (1915), o drama Digna Collazo (1916), Galicia, patria de Colón (1923), Si... ¡Colón español! (1924), Historia de Cuba (1926) e a zarzuela Miñatos de vran, con música de José Fernández Vide, estreada en 1928 no Teatro Nacional da Habana.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Biografías dos gobernadores de Cienfuegos Ramón María de Labra e José de la Pezuela.[2]
  • Biografía de Anita Aguado.[2]
  • Tradiciones cienfuegueras[2]
  • Páginas olvidadas de la historia[2]
  • De raza brava[2]
  • Un bautizo en Guayajibo[2]
  • Guango pescador de altura[2]
  • La caída de la tarde[2]
  • Digna Collazo e Las redimidas[2]
  • Historia de Cuba, 1926.[3]
  • Miñatos de vran, en colaboración co compositor galego José Fernández Vide, 1928.[2]
  • Ocaso de gloria[2]
  • El divorcio, el hogar y la mujer[2]
  • Fin de la asociación de los antiguos alumnos de Montserrat y su influencia social[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Concepción Monelos Rodríguez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Segundo a GEG o seu nome era Enrique Zas y Simo.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 Entrada “Zas y Simo, Enrique”, por Francisco Javier Romero Costas, na GEG.
  3. Zas, Enrique (1926). Historia de Cuba. Imprenta y Papelería de Rambla, Bouza y Ca. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]