Enrique Simonet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enrique Simonet
Autorretrato de Enrique Simonet
NomeEnrique Simonet Lombardo
Nacemento2 de febreiro de 1866
 Valencia
Falecemento20 de abril de 1927
 Madrid
Nacionalidadeespañola
Cónxuxe(s)Asunción Castro Crespo
FillosEnrique Simonet Castro
Eidopintura
AdestramentoBernardo Ferrándiz Bádenes
Movementocostumismo
Traballos
  • Flevit super illam (Chorou por ela)
  • E tiña corazón
  • editar datos en Wikidata ]

    Enrique Simonet Lombardo, nado en Valencia o 12 de febreiro de 1866 e finado en Madrid o 20 de abril de 1927, foi un pintor español.

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Autorretrato de 1885.

    Ao parecer a súa vocación primeira ou da infancia foi eclesiástica, pero abandonouna para dedicarse á pintura. Malia ser valenciano de nacemento e de que estudou na Escola de Belas Artes de San Carlos da súa cidade natal, vinculouse ao círculo malagueño tanto pola súa pronta chegada, como pola súa orixe familiar, a súa formación artística e/ou a súa actividade profesional na cidade de Málaga. E tamén estudou no taller do valenciano Bernardo Ferrándiz en Málaga, formando parte da chamada escola malagueña de pintura.

    Marcha a Roma e outras viaxes[editar | editar a fonte]

    Decapitación de San Paulo. 1887.
    Anatomía do corazón, óleo sobre lienzo. 177 x 291 cm 1890 (Museo de Bellas Artes de Málaga).[1]
    Flevit super illam (Lloró por ella). Óleo sobre lenzo. 296 x 550 cm 1892 (Museo de Bellas Artes de Málaga).

    En 1887, marchou a Roma como pensionado, onde realizou A decapitación de San Paulo, hoxe na Catedral de Málaga, aproveitando a súa estancia para á súa vez viaxar por toda Italia. Visitou París varias veces e en 1890 fixo un percorrido polo Mediterráneo.

    Tamén en Roma realizou, en 1890, a súa obra máis famosa: Anatomía do corazón, tamén coñecida como ¡E tiña corazón! ou A autopsia.[2] Viaxou a Terra Santa, onde se documentou para a súa monumental Flevit super illam; obra pola que recibiu numerosas medallas, entre elas foi primeira medalla na Exposición Internacional de Madrid de 1892, en Chicago en 1893, en Barcelona en 1896 e en París en 1900.

    En 1893 e 1894 viaxou a Marrocos como correspondente de guerra de La Ilustración Española y Americana e en 1901 obtivo a cátedra de Estudos de Formas da Natureza e a Arte da Escola de Belas Artes de Barcelona, onde residiu a partir de entón, aínda que pasaba os veráns en Vigo.

    Últimos anos[editar | editar a fonte]

    En 1911 pasou a formar parte da Escola de Belas Artes de San Fernando de Madrid e entre 1921 e 1922 foi director da Residencia de El Paular para paisaxistas. Xa que tamén se dedicou á pintura decorativa e de paisaxes, entre a que destacan os catro grandes lenzos sobre as Alegorías do Dereito, no Palacio de Xustiza de Barcelona e as oito Alegorías das Provincias no Palacio de Xustiza de Madrid.

    Morreu o 20 de abril de 1927 sendo catedrático da Escola Especial de Pintura, Escultura e Gravado de Madrid.

    Notas[editar | editar a fonte]

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]