Enrique Peñalosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enrique Peñalosa
Enrique Peñalosa 1.JPG
Enrique Peñalosa Londoño
{{{cargoexecutivo1}}}
Período: {{{periodo1}}}
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: {{{sucesor1}}}
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 30 de setembro de 1954
Lugar: Washington, DC, Estados Unidos
Falecemento:
Lugar: ,
Organización: Partido Galeguista
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): Alcalde de Bogotá
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Economista, administrador e político
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Enrique Peñalosa Londoño, nado en Washington, DC, Estados Unidos, o 30 de setembro de 1954, é un economista, administrador e político colombiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Está licenciado en Economía pola Duke University, cos títulos de mestría e doutorado do Institute International d'Aministration Publique e mais da Universidade de París, respectivamente.

Alcaldía de Bogotá[editar | editar a fonte]

Logo de ser representante na Cámara a fins dos anos oitenta, Peñalosa foi precandidato do Partido Liberal á alcaldía de Bogotá en 1992, mais foi derrotado polo ex ministro Jaime Castro Castro. Para as eleccións de 1994 partiu como gran favorito e presentouse como candidato independente. Non obstante, foi derrotado contra todo prognóstico polo matemático Antanas Mockus. Finalmente, en 1997 derrotou a Carlos Moreno de Caro e foi elixido como alcalde da capital colombiana.

Transporte público[editar | editar a fonte]

Peñalosa, conxuntamente co seu equipo de goberno, deseñou un ambicioso plan de remodelación da vida pública da cidade colombiana. Así, desenvolveu un novo Sistema de Bus Rápido chamado TransMilenio, inspirado no sistema xa existente en Curitiba. De igual xeito, promoveu un día libre de automóbiles e recibiu un masivo apoio popular para unha idea pola cal recibiu o Galardón do Desafío de Estocolmo (Stockholm Challenge Award). A través dun referendo, a xente decantouse por un día ao ano libre de circulación de vehículos a motor e decidiu que a partir do 2005 non teríán autos durante as horas pico da xornada, é dicir, dende as 6 da mañá até as 9 e dende as 4 da tarde até as 7:30.

Ciclorrutas[editar | editar a fonte]

Esquema das ciclorrutas

Por outra banda, con el comezou a creación de ciclorrutas de Bogotá, co propósito de dotar á cidade dun rede completa de vieiros para bicicletas. A rede de ciclorrutas de Bogotá deseñouse tendo en conta a morfoloxía e topografía da cidade. En sentido Norte-Sur, a cidade presenta unha topografía relativamente plana; en sentido Leste-Oeste presenta diversos tipos de pendentes. Por iso, seleccionouse o concepto de rede en malla por ser o modelo teórico que presenta maior versatilidade e adecuación, trazando deste xeito eixes lonxitudinais e transversais da cidade. Xa que logo, súa é a primeira pedra na construción da rede de ciclorrutas máis extensa de América Latina.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Capitalismo: La mejor opción.
  • Democracia y Capitalismo: retos para el próximo siglo.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]