Henrique Harguindey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Enrique Harguindey»)
Infotaula de personaHenrique Harguindey

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xaneiro de 1946 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , tradutor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoEnsaio e tradución
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaruxa Barrio Editar o valor em Wikidata
FillosBreixo Harguindey Barrio Editar o valor em Wikidata
IrmánsGerardo Harguindey Banet Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 2340353

Henrique Harguindey Banet, nado en Lugo o 4 de xaneiro de 1946, é un escritor e tradutor galego.

Irmán do antigo senador Gerardo Harguindey, casou coa escritora Maruxa Barrio. É o pai de Breixo Harguindey, editor e crítico de banda deseñada[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía Francesa e catedrático de francés, foi un dos promotores da Agrupación Cultural O Facho. Foi concelleiro en Cangas polo Partido Socialista Galego-Esquerda Galega entre 1987 e 1995.

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Contos Populares, BBdCG.
  • Textos para o ensino do galego, 1976, Edicións do Rueiro
  • Xeografía descriptiva de Galicia, 1979, Edicións do Rueiro
  • Contos galegos, Biblioteca Básica da Cultura Galega, 1983, Galaxia (con Maruxa Barrio)
  • Lerias e enredos para os máis pequenos, 1983, Galaxia (con Maruxa Barrio)
  • Antoloxía do conto popular galego, 1994, Galaxia (con Maruxa Barrio)
  • Contos populares galegos: animais, 1995, Galaxia (con Maruxa Barrio)
  • Estilo de exercicios, para exercicios de estilo, 1995, Xerais (con Xosé Manuel Pazos)
  • O mal do zapateiro e outros contos, 1998, Xunta de Galicia
  • Unha maré de palabras, 2005, Museo Massó, Xunta de Galicia
  • Urbi et orbi. Dende o galego para o mundo, 2011

Traducións[editar | editar a fonte]

  • O poema do país que ten fame de Paol Keineg, 1978, Edicións do Rueiro
  • O estraño cabaleiro, de Michel de Ghelderode, 1981, Cadernos da Escola Dramática Galega
  • Farsa do mestre Pathelin, Cadernos da Escola Dramática Galega
  • Ubu Rei de Alfred Jarry, 1989, Cadernos da Escola Dramática Galega
  • Amazonia, de Gabrion, 1990, Xerais
  • A máquina perplexa, de Marc Wasterlain, 1990, Xerais
  • O mestre dos robots, de Marc Wasterlain, 1990, Xerais
  • Alerta en África, de Jean-Pierre Autherman, 1991, Xerais
  • A deusa dos ollos de xade, de Dieter, 1991, Xerais
  • Dinghys-Dinghys: Lannapurna club, de Marc Barceló, 1991, Xerais
  • Gargantúa e Pantagruel de François Rabelais, 1991, Xunta de Galicia
  • Os homes transparentes, de Marc Wasterlain, 1991, Xerais
  • A prisioneira, de Jean-Pierre Autheman, 1991, Xerais
  • Tumuc-Humac, de Gabrion, 1991, Xerais
  • A amnesia dos Dalton, de Morris, 1992, Xerais
  • Capitán Futuro, de Jean Bourguignon, 1992, Xerais
  • O imperio do Pacífico, de Jean-Pierre Autheman, 1992, Xerais
  • Satí: Basil & Victoria, de Yann Lepennetier, 1992, Xerais
  • Exercicios de estilo, de Raymond Queneau, 1995, Xerais. Con Xosé Manuel Pazos Varela
  • Cartas das Illas Bailarinas, de Jacques Prévert, 1996, Xerais
  • A noite xusto antes dos bosques. Combate de Negro e de can, de Bernard-Marie Koltès, 1996, Laiovento
  • Macbett, de Eugène Ionesco, 1998, Xerais
  • O reiciño de Galicia de Victor Hugo, 1998, Laiovento
  • Cándido ou o optimismo, de Voltaire, 1999, Xerais
  • Historia do rei Kabul 1º e do seu pinche Galván de Max Jacob, 1999, Ir Indo
  • Roberto di que_,de Siglint Kessler, 1999, Kalandraka
  • Tres pezas cómicas medievais, 1999, Universidade da Coruña
  • Os constructores de imperios ou O Schmürz, de Boris Vian, 2000, Laiovento
  • A escuma dos días, de Boris Vian, 2001, Laiovento
  • A cantante calva de Eugène Ionesco, 2002, Laiovento
  • Cuarto libro, de François Rabelais, 2004, Laiovento
  • Rinoceronte, de Eugène Ionesco, 2004, Laiovento
  • Emilio ou da educación, de Jean-Jacques Rousseau, 2006, Universidade de Santiago
  • O burgués fidalgo, de Molière, 2007, Laiovento
  • O caso da rúa de Lourcine, de Eugène Labiche, 2008, Laiovento
  • Zazí no metro, de Raymond Queneau, 2009, Laiovento
  • Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña, anónimo, 2015, Rinoceronte
  • O derradeiro día dun condenado. Claude Gueux, de Victor Hugo, 2017, Laiovento
  • Carta a un profesor mozo, de Philippe Meirieu, 2017, Kalandraka
  • O Tartufo, de Molière, 2018, Laiovento
  • Os Estados e Imperios da Lúa, de Cyrano de Bergerac, 2019, Rinoceronte Editora
  • Obxectivo A Lúa, de Hergé, 2020, Zephyrum Ediciones (con Breixo Harguindey)[2]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio de tradución da II Gala do Libro Galego no 2017, por Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]