Enric Duran

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enric Duran
Nacemento1976
Lugar de nacementoVilanova i la Geltrú, Cataluña Cataluña
NacionalidadeEspaña
OcupaciónActivista
Na rede
Twitter: enricdurang Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Enric Duran Giralt, nado en Vilanova i la Geltrú en 1976, é un activista catalán polo decrecemento[1][2] e a revolución integral.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Enric Durán estivo moi implicado en iniciativas como a "Consulta pola abolición da débeda externa" (1999/2000), o Movemento de Resistencia Global (MRG) (2000/2002), a "Campaña contra o Banco Mundial" (2001) e a "Campaña contra a Europa do Capital" (2002). Foi promotor de proxectos como a axencia de novas liberinfo.net (2002), de l'Infoespai de Gràcia (2003-2007),[4] do colectivo Temps de re-voltes (2008), da Cooperativa Integral Catalana (2010 - actualidade),[5][6] e dende 2014, de FairCoop.[7][8]

O 17 de setembro de 2008 anunciou que, como parte dunha acción política, estafou preto de medio millón de euros a diferentes entidades financeiras[9][10] co obxectivo de denunciar, segundo as súas propias palabras, o depredador sistema capitalista[11] e de financiar diferentes movementos sociais anticapitalistas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Podemos vivir sin capitalismo". Nuevo Orden Mundial (en castelán). 17 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2015. Consultado o 12 de febreiro de 2015. 
  2. Por una salida noviolenta del capitalismo, Decrecimiento (10 de febreiro de 2013). "Absolución Enric Durán". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2015. Consultado o 12 de febreiro de 2015. 
  3. Por una salida noviolenta del capitalismo, Decrecimiento (27 de maio de 2012). "¿Qué es la revolución integral?". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2015. Consultado o 12 de febreiro de 2015. 
  4. Proposta de rede de grupos de afinidade, por Enric Duran, membro de Temps de Re-voltes e de infoespai[Ligazón morta]
  5. "Sitio web de la Cooperativa Integral Catalana (CIC)". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2012. Consultado o 05 de maio de 2015. 
  6. "Cooperativa Integral Catalana". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2015. Consultado o 05 de maio de 2015. 
  7. "2015 FairCoop". EcoInversion. 1 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2015. Consultado o 12 de febreiro de 2015. 
  8. "Ecosystemic Council". FairCoop (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2015. Consultado o 16 de xuño de 2015. 
  9. El fiscal no actuará si las financieras estafadas no denuncian al 'Robin de los Bancos'
  10. "He “robado” 492.000 euros a quienes más nos roban para denunciarlos y construir alternativas de sociedad.". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2008. Consultado o 05 de maio de 2015. 
  11. "Activista catalán monta gran fraude para denunciar el “depredador sistema capitalista”". La Jornada. 19 de septiembre de 2008. Consultado o 12 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]