Enodio de Pavía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Enodio de Pavía (Magnus Felix Ennodius), nado en 476 e finado o 17 de xullo de 521, foi un relixioso e escritor latino nado en Arles o 476 ao final do Imperio Romano, recoñecido como santo pola Igrexa Católica, a súa festa celébrase o 17 de xullo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os visigodos confiscaron o patrimonio familiar, Enovio educouse en Pavía ou Milán. Dedicado á relixión, entrou nun convento e no 511 era bispo de Pavía. No 514 o papa Hormisdas I enviouno a Constantinopla xunto con outros bispos para combater os avances da herexía eutiquiana, pero non vai ter éxito porque o emperador apoiaba as teses eutiquianas. Volveu o 517 xunto con Peregrino, bispo de Misenum levando unha confesión de fe que as igrexas orientais habían de subscribir pero o emperador Anastasio I vainos botar fóra nun navío en mal estado coa prohibición de tocar terras do Imperio, aínda así conseguiu chegar a lugar seguro e volver á súa diocese onde morreu o 17 de xullo de 521.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Epistolarum ad Diversos Libri IX. Colección de 497 cartas.
  • Panegyricus Theodorico regi dictus. Discurso dirixido ao rei Teodorico o Grande, probablemente o 507, unha das principais fontes do reinado deste rei.
  • Libellus adversus eos qui contra synodum scribere praesumserunt (503).
  • Vita beatissimi viri Epiphanii Ticinensis episcopi. Biografía de San Epifanio, o seu predecesor na sede de Pavía, morto o 496.
  • Vita beati Antonii monachi Livinensis.
  • Eucharisticum de vita.
  • Paraensis didascalica ad Ambrosium et Beatum.
  • Praeceptum de cellulanis episcoporum.
  • Petitorium quo Gerontius puer Agapiti absolutus est.
  • Cerei paschalis benedictiones duae.
  • Orationes (28 declamacion, 6 sacrae, 7 scholasticae, 10 controversias, e 5 ethicae).
  • Carmina. Colección de poemas.