Ennis - Inis
| Ennis Inis |
|||
|---|---|---|---|
A Catedral de St. Peter e St. Paul. |
|||
| Provincia | Munster | ||
| Condado | condado de Clare | ||
| Poboación | 24.253 hab. | ||
| Altitude | 3 metros | ||
| Páxina web | www.clarefocus.ie | ||
|
|||
| Cidade da República de Irlanda |
|||
Ennis (en irlandés, Inis, "illa") é unha cidade do Condado de Clare, na costa oeste de Irlanda, á beira do río Fergus e a 241 km de Dublín e 67 km de Galway. O seu nome é unha abreviación do orixinal Inis Cluain Ramh Fhada. A vila de Ennis está situada a apenas 19 km do Aeroporto de Shannon, e a relativa pouca distancia de atraccións turísticas coma os Cantís de Moher ou o Castelo de Bunratty.
En 2006, Ennis tiña unha poboación de 24.253 habitantes, o que o convirte no 11º centro urbano máis grande de Irlanda.
Historia [editar]
O nome Ennis ven da palabra irlandesa Inis, que significa unha antiga illa entre os cursos do Río Fergus e onde estaba construída unha abadía franciscana. O pasado de Ennis está asociado á famili O'Brien, que eran descendentes de Brian Boru. Durante o século XII, os O'Brien, que eran Reis de Thomond, deixaron o seu poder en Limerick e construíron unha residencia real en Clonroad, na illa. Durante 1240, o rei Donnchadh O'Brien ordenou a construción dunha extensión dos dominios da igrexa que logo donaría aos recentemente formados seguidores de S. Francisco. Os séculos que seguiron foron dunha grande actividade.
A vila contén moitas edificacións militares británicas que foron construídos ao longo dos séculos. As áreas de Clare Road e Clonroad conteñen casas adosadas construídas a principios do século XX para vivendas de soldados. En Station Road, houbo unha cadea. Moitos homes de Ennis combatiron co Exército Británico durante a Primeira Guerra Mundial.