Engo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Engo
Inflorescencia de engo
Inflorescencia de engo
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Dipsacales
Familia: Caprifoliae
Xénero: 'Sambucus'
Especie: ''S. ebulus''
Nome binomial
''Sambucus ebulus''
L.

O engo ou sabugueiriño[1], (Sambucus ebulus) é unha especie herbácea das caprifoliáceas, nativas do sur e centro da Europa e do suroeste de Asia, semellante ao sabugueiro (co que comparte xénero: Sambucus) mais coas follas máis estreitas e longas que despiden un cheiro fétido. Aparece en Galiza onde tamén se coñece polo nomes de irgo, nabo naveao ou sabuguiño.

Descrición[editar | editar a fonte]

Medra até os 2 m de altura, con talos erectos, usualmente simples, que xorden de rizoma reptante. As follas son opostas, con estípulas, de 5-16 x 1-4,5 cm e formadas por 5-13 folíolos de beiras serradas. Florece en maio-agosto, cando o talo remata nunha inflorescencia corimbosa, de flores brancas ou rosaceas, de 5-16 cm de diámetro. Froito en baga negra.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Engo e irgo son verbas cognatas do castelán yezgo, asturiano yelgu, dunha variante *educu do Galo edocos.[2]. O nome sabugueiriño é o máis normativo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O único nome en publicacións técnicas recentes aceptado é sabugueiriño. Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
  2. Coromines, Joan (1997) Breve diccionario etimologico de la lengua castellana. Madrid: Gredos. ISBN 978-84-473-5862-5. p. 586

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]