English Electric Lightning
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
O English Electric Lightning (posteriormente BAC Lightning) foi un avión caza británico supersónico da Guerra Fría, lembrado principalmente pola súa velocidade alta e o seu aspecto metálico. O Lightning entrou en servizo na Royal Air Force e a Real Forza Aérea Saudita. O avión utilizouse en exhibicións de voo, superou varias marcas mundiais de velocidade e foi o primeiro avión supercruceiro. En xullo de 2006, o F-35 Joint Strike Fighter foi renomeado como "Lightning II" para distinguirse do English Electric Lightning e o P-38 Lightning.
O primeiro de dous prototipos P-1A con motores Sapphire voou o 4 de agosto do ano 1954, e o moi mellorado P-1B, despois chamado Lightning, o 4 de abril do 1957 e convirteuse no primeiro avión britanico que excedía Mach 2. Na práctica, dez escuadróns basados en Gran Bretaña recibiron este interceptador todotempo armado con mísiles, veloz e equipado con radar, que supuso unha mellora respecto dos subsónicos Hunter e Javelin que substituíu. Dúas unidades foron despregadas na RAF Germany, unha en Chipre e unha en Singapur. A meirande parte da frota de Lightning convirteuse ó Phantom a mediados dos anos 70, pero a Ala de Binbrook (Escuadróns 5 e 11) aguantou ata o 1987 e 1988, no que realizou a transformación ó Tornado F.Mk 3.
Especificacións[editar]
Tipo: caza interceptador monopraza English Electric Lightning F.Mk 2A.
Construtor: English Electric
Ano: 1954
Principal usuario: Royal Air Force, Kuwait e Arabia Saudí.
Envergadura: 10,61 m.
Lonxitude: 16,84 m.
Altura: 5,97 m.
Área alar: 41,4 m2.
Peso baleiro: 12.719 Kg.
Peso cargado: 18.915 Kg.
Planta motriz: 2 Rolls-Royce Avon 301.
Armamento: 2 canóns Aden de 30 mm sobre a proa e 2 máis abixo dela, e 2 AAM Firestreak baixo o fuselaxe.
Velocidade máxima: Mach 2,27
Alcance operacional: 373 millas