English Baroque Soloists

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os English Baroque Soloists (en galego, Solistas Barrocos Ingleses, e abreviado EBS) son unha orquestra de cámara inglesa creada en 1978 polo director de orquestra inglés Sir John Eliot Gardiner. Esta orquestra toca instrumentos de época e o seu repertorio abrangue dende os primeiros compositores barrocos ata o período clásico.

En 1982 creou co Monteverdi Choir a ópera les Boréades de Rameau. No ano 2000, con motivo do 250 aniversario da morte de Johann Sebastian Bach, a orquestra interpretou a integral das cantatas de Bach. As gravacións foron lanzadas polo propio selo de Sir John Eliot Gardiner Soli Deo Gloria.

A orquestra ten gravado sobre todo co selo Archiv Produktion e Philips Classics. Soli Deo Gloria é un novo selo discográfico creado por John Eliot Gardiner, asociado co Monteverdi Choir e os English Baroque Soloists adicado ás gravacións realizadas durante a Bach Cantata Pilgrimage.

Discografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Monteverdi Choir.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]