Enerxía Mareomotriz
| Faltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo. |
A enerxía mareomotriz é a producida polo movemento das augas do mar polas subidas e baixadas das mareas, esta enerxía é aproveitada por turbinas, as cales a súa vez moven un alternador que xera enerxía eléctrica, Ao non consumir combustibles fósiles nin tampouco producir gases que axuden ao efecto invernadoiro, considerase unha enerxía limpa e renovable pero hai que ter en conta que provoca cambios na salinidade do estuario e no ecosistema da zona
As centrais mareomotrices instálanse en estuarios,constan dun dique que separa o mar da costa e que permite reter a auga na preamar , na baixamar ábrense as comportas e a auga acciona unha turbina que está unida a un alternador.
Para aproveitar a enerxía das mareas é preciso que a súa amplitude sexa considerable, o aconsellable é unha amplitude superior a 10 m. Unha das primeiras foi a de La Rance en Francia construída en 1967 no estuario do río Rance na Bretaña.