Eneko Goia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEneko Goia
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1971 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Cargos
   Alcalde de Donostia
Período13 de xuño de 2015 – 
AntecesorJuan Carlos Izagirre
Datos persoais
ResidenciaDonostia Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do País Vasco - dereito (1989–1993)
Universidade de Deusto - Direito da União Europeia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Donostia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmestre (1996–2005), político (1991–), xurista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Nacionalista Vasco
LinguaLingua castelá e lingua éuscara Editar o valor em Wikidata
Salario base87.952,02 € Editar o valor em Wikidata

Páxina webenekogoia.eus Editar o valor em Wikidata
Facebook: GoiaEneko Twitter: EnekoGoia Instagram: eneko_goia Youtube: UCv_0RI0cc-JcdLbNBYKdyRg TikTok: enekogoia Flickr: enekogoia2015 Editar o valor em Wikidata

Eneko Goia Laso, nado en Donostia o 30 de outubro de 1971, é un político español, membro do Partido Nacionalista Vasco. Dende o 13 de xuño de 2015 é alcalde de Donostia.

Biografía[editar | editar a fonte]

Eneko Goia naceu no barrio donostiarra de Amara o 30 de outubro de 1971. Estudou nos colexios Ikasbide Ikastola e Barandiaran Lizeoa. Licenciouse en Dereito na Universidade do País Vasco para máis tarde diplomarse en Dereito da Unión Europea na Universidade de Deusto. Foi profesor no Instituto de Mercadotecnia do País Vasco.

Entre a súa actividade política, vinculada ao Partido Nacionalista Vasco (EAJ-PNV), destaca a de Deputado no Parlamento Vasco (2005-2007), Deputado Foral de Infraestruturas Viarias na Deputación Foral de Guipúscoa (2007-2011) e concelleiro e voceiro do Partido Nacionalista Vasco, na oposición, no Concello de Donostia na lexislatura 2011-2015. No ano 2015 é elixido alcalde da cidade mediante un acordo de goberno realizado co Partido Socialista de Euskadi.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Juan Karlos Izagirre

Alcalde de Donostia

13 de xuño de 2015 - actualidade
Sucesor:
No cargo