Endivia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Endivia
Endivias
Endivias
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Subfamilia: Cichorioideae
Tribo: Cichorieae
Subtribo: Cichoriinae[1]
Xénero: 'Cichorium'
L.
Especie: ''C. endivia''
Nome binomial
Cichorium endivia
L.
Planta da endivia (C. endivia) a florear

A endivia[2] é o rebento de diferentes variedades da chicoria: Cichorium endivia; que se cultivan debaixo da terra dunha maneira especial e presentan unha cor branca verdella e sabor amargo. Adóitanse consumir cocidas ou crúas en ensaladas.

Endivia é tamén un dos nomes comúns para variedades da chicoria común (Cichorium intybus), principalmente a chicoria belga ou chicoria francesa. Existe considerábel confusión entre as designacións vulgares de Cichorium endivia e Cichorium intybus.[3]

A endivia é rica en moitas vitaminas e minerais, especialmente vitaminas A e K e folato, fornecendo tamén unha cantidade razoábel de fibras.

Existen dúas variedades principais cultivadas de endivia:

  • A endivia frisada (var crispum). Este tipo ten follas exteriores estreitas, verdes e frisadas. Tamén chamada chicoria frisada ou simplemente chicoria.
  • A escarola (var latifolium)[4]. Posúe follas largas de cor verde pálida e é menos amarga que a outra variedade. Tamén denominada chicoria lisa ou endivia de folla larga.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi coñecida e consumida polos antigos exipcios, gregos e romanos. Tal como ocorreu com numerosas verduras e hortalizas, a escarola tivo inicialmente unha utilización máis medicinal ca culinaria. Non obstante, na literatura exipcia existen referencias ao consumo desta verdura tanto cocida como crúa, en ensaladas.

A súa introdución en Europa data do século XIII. Na actualidade goza dunha enorme popularidade en todo o continente.

É durante a época invernal que a escarola oferece o seu esplendor e maior calidade, aínda que actualmente se atope no mercado durante todo o ano.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Endivia