Enderezo de memoria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O enderezo de memoria é en informática o identificador único dunha posición de memoria que permite a un procesador ou outro dispositivo acceder os datos contidos nesta posición permitíndolle a un programa informático ou a un dispositivo de hardware almacenar os datos para a súa utilización posterior. Este identificador é un número que o microprocesador recibe como unha serie de bits (8, 16, 24, 32 ou máis, dependendo do modelo e do fabricante). Na arquitectura de procesadores baseado no rexistro, o rexistro MAR (Memory Address Register) dedícase ao enderezo de memoria co que o procesador pode acceder á respectiva cela de memoria.