En el nombre del cerdo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En el nombre del cerdo
Autor/aPablo Tusset
CubertaGonzalo Goytisolo
OrixeEspaña
Linguacastelán
ColecciónÁncora y Delfín (nº 1063)
Xénero(s)Novela negra
EditorialEdiciones Destino
Data de pub.29 de agosto de 2006
Formato14,5 x 22,7 cm.
edición rústica cosida a fío
Páxinas448
ISBNISBN 978-84-233-3861-4
editar datos en Wikidata ]

En el nombre del cerdo é a segunda novela de David Homedes Cameo, publicada en 2006 co pseudónimo de Pablo Tusset.

Trama[editar | editar a fonte]

Trata de dúas historias entrelazadas. A dun comisario que investiga unha morte nun matadoiro, e a de T, outro policía que escapa a Nova York e posteriormente escapa dalí, e remata investigando o primeiro caso ó ir vivir á aldea onde ocorreu.

Máis alá da trama, o autor fala da vida desde a perspectiva do comisario, de 65 anos, e desde a de T, de 43.
O comisario é feliz, e busca unha nova mocidade, pero un accidente trunca as súas ilusións.
T escapa de si mesmo, non atopa a felicidade. Está cheo de medos e non logra ter estabilidade. Ó final desdóblase nunha especie de Mr. Hyde e Dr. Jeckyill. É un antiheroe, con moitas actitudes inmaturas e reprochables, que non chega a ser admirado por ninguén.

Máis que un relato policial é unha novela negra, con forte carga de retrato social (Barcelona-Nova York-San Juan de Horlà). Fai moita referencia á psicoloxía dos psicópatas e psicóticos, e algúns parágrafos sobre a vida e a morte.

Os habitantes da aldea divídense en forasteiros e autóctonos. Algúns dos forasteiros, personaxes secundarias, son moi interesantes e teñen conversas moi útiles, pois teñen diversas procedencias e dan diferentes puntos de vista.
No penúltimo capítulo, coa escusa de que o protagonista está alucinando co estramonio, o autor desvaralla demasiado, e o final non está nada claro, un "lado escuro" que deixa portas abertas á imaxinación do lector.
Ten tamén moitas referencias musicais, e literarias, desde Gustave Flaubert a Guy de Maupassant.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]