Emmy Noether

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emmy Noether.

Amalie Noether, coñecida como Emmy Noether, nada en Erlangen (Baviera) o 23 de marzo de 1882 e finada en Bryn Mawr (EUA) o 14 de abril de 1935, foi unha matemática alemá, unha das de máis talento de finais do século XIX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia de orixe xudía-asquenací. O seu pai, Max Noether, foi tamén un distinguido matemático e profesor na Universidade de Erlangen. Non amosou precocidade en matemáticas; de nova estaba máis interesada na música e na danza.

Doutorouse en 1907 e axiña acadou reputación a escala mundial. Porén, na Universidade de Gotinga, o seu compañeiro David Hilbert tivo que anunciar como propios no prospecto da universidade os cursos impartidos por ela. Seguiu unha longa controversia, na que saíron a relocer enquisas preguntando ós soldados o que pensarían se cando eles retornaran da guerra se atoparan con ter que aprender ós pés dunha muller, ou a consecuencia de que o seu ensino levaría aparellado o voto no claustro académico. Hilbert dixo "Non vexo que o sexo da candidata esté en contra da súa admisión no escalafón docente. Despois de todo, o claustro non é unha casa de baño". Foi finalmente admitida no ano 1919. Xudía, Noether foi forzada a saír da Alemaña nazi no 1933 cara aos EUA.

Fixo contribucións moi importantes ás matemáticas e á física teórica. Traballou en matemáticas sobre a teoría de invariantes e a teoría de aneis en álxebras non conmutativas. En física, chegou ó resultado crucial coñecido como Teorema de Noether, que convirte condicións de invariancia respecto a a transformacións xeralizadas de sistemas físicos, é dicir, simetrías, en leis de conservación.

Os resultados do Teorema de Noether son parte fundamental da física moderna, basada substancialmente en propiedades de simetría. Na súa honra foron nomeados os aneis de Noether.

Morreu no 1935, sendo o propio Albert Einstein autor dunha nota necrolóxica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]