Emma Couceiro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Emma Couceiro, nada en Cospeito, Terra Chá, en 1977, é unha poeta en lingua galega.
Índice |
[editar] Traxectoria
Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña, ten publicado os poemarios Humidosas (V Premio Espiral Maior de Poesía, Espiral Maior, 1997), As entrañas horas (X Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, Ediciós do Castro,1998) e (Cito) (Xerais, 2003). Colaborou como poeta en revistas como A Xanela, Dorna, Xistral ou Zurgai e nos volumes colectivos Mulher a fazer vento, Palabras no ar ou Novas voces da poesía galega. Recital, entre outros.
A súa poética caracterízase por unha continua indagación no eu lírico, moitas veces artellada desde a técnica do desdobradamento (As entrañas horas), polo uso de símbolos e repeticións (Humidosas), o emprego dunha sintaxe rota e a ambientación íntima que nos remite moitas veces ao territorio do fogar (marcado en feminino) e ao marco da infancia.
[editar] Obras
- Humidosas. A Coruña: Espiral Maior, 1997. Gañadora do V Premio Espiral Maior 1996
- As entrañas horas. Sada: Ediciós do Castro, 1998. Gañadora do X Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1998
- (Cito). Vigo: Xerais, 2003. Poesía.