Emishi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo Emishi (蝦夷?) era empregado en Xapón (antes do século VII escrito como 毛人) para designar ós habitantes do nordeste de Honshū, no que hoxe se coñece como a rexión de Tōhoku. Algunhas tribos desta rexión opuxéronse e resistiron ó goberno do Emperador de Xapón a finais do período Nara e comezos do período Heian. Algúns historiadores contemporáneos aseguran que os emishi eran nativos descendentes da cultura Jōmon e que estaban relacionados cos ainus. A diferencia étnica dos habitantes de Yamato cos emishi non está en dúbida, pois os emishi contaban cunha lingua moi diferente que os académicos non puideron reconstruír.

Orixe da verba "Emishi"[editar | editar a fonte]

A primeira mención deste pobo fóra de Xapón é no libro chinés Song Shu onde se fai referencia ós "55 reinos (国) de xente peluda (毛人) do leste..." Os xaponeses empregaron os mesmos kanjis para describilos, pero mudaron a súa lectura de kebito ou mojin a emishi. Máis adiante os kanjis cambiaron a 蝦夷.

Conquista[editar | editar a fonte]

Os emishi estaban constituídos por moitas tribos, algunhas aliadas dos xaponeses (fushu, ifu), mentres que outras permaneceron hostís (iteki).[1] Os emishi do nordeste de Honshū dependían dos seus cabalos durante o combate, polo que desenvolveron un sistema único de ataque e fuxida por medio de arqueiros a cabalo que era moi efectivo contra o lento exército imperial xaponés desa época, composto case exclusivamente por infantería pesada. Os primeiros intentos de subxugar a estas tribos foron un fracaso pois a técnica de guerra de guerrillas utilizada polos emishi era superior.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Takahashi, pp. 110-13.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]