Emir Kusturica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emir Kusturica
Emir Kusturica Bruxelles05.jpg
Emir Kusturica
Nacemento 24 de novembro de 1954
Saraxevo
Falecemento 24 de novembro de 1954
Profesión Director de cine

Emir Kusturica ou Емир Кустурица, nado en Saraxevo o 24 de novembro de 1954, é un director de cine e músico serbio. Moi vencellado coa súa cultura xitana, a súa abondosa produción creouse en boa medida en colaboración co compositor Goran Bregović.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De ascendentes serbios, naceu nunha familia musulmá ao converterse seu pai ao Islam, porén Emir converteuse ao Cristianismo ortodoxo en 2005 e declarouse en varias ocasións politicamente serbio, mantendo posicións polémicas que o levaron ata a ter que retirarse do xurado de festivais de cine.[1]

Logo de finalizar en 1978 os seus estudos na distinguida Academia de Artes Interpretativas (FAMU) de Praga (onde rodou a película Guernica, pola que en 1978 recibiu o seu primeiro premio no Festival de Cine de Karlovy Vary, Kusturica comezou a dirixir para a Televisión Iugoslava. Tivo un auspicioso debut no cine con Sjecas li se, Dolly Bell, en 1981, película coa que gañou o León de Ouro no Festival de cine de Venecia.

Con Otac na sluzbenom putu, de 1985, gañou a Palma de Ouro no Festival de cine de Cannes, cinco premios iugoslavos, e foi nominada ó premio Oscar á mellor película en lingua estranxeira. Ambas películas foron realizadas coa colaboración de Abdulah Sidran, un importante escritor e poeta bosnio contemporáneo, que escribiu os dous guións con moitos elementos autobiográficos. En 1989 Kusturica foi aínda máis aclamado pola película Dom za vesanje, unha profunda pero máxica mirada dentro da cultura xitana e a explotación dos seus mozos.

Kusturica prosegiu realizando grandes películas de renome nos anos 90, incluíndo o seu debut nos Estados Unidos, coa comedia de humor absurdo, Arizona dream (1993), e volveu gañar a Palma de Ouro en 1995 coa épica comedia negra Underground.

O famoso músico Goran Bregović compuxo a música para varias das súas películas, incluíndo Dom za vesanje, Arizona Dream (con Iggy Pop) e Underground.

Underground, escrita por Dušan Kovačević e cofinanciada pola canle estatal iugoslava, causou certa controversia. A película detalla a historia de Iugoslavia desde o inicio da Segunda Guerra Mundial ata Guerra dos Balcáns, iniciada nos anos 90. Mentras algúns críticos sinalaban que se trataba dunha propaganda que amosaba o conflito desde un punto de vista pro-serbio, outros sinalaban que a súa irónica caracterización das etnias dos Balcáns ía en detrimento de todas elas.

En 1998 Kusturica gañou o León de Prata á mellor dirección por Crna mačka, beli mačor, unha desaforada comedia farsesca ambientada nun campamento xitano nas beiras do río Danubio.

No ano 2000, na película La Veuve de Saint-Pierre, dirixida por Patrice Leconte, Kusturica fai a súa segunda aparición como actor. A primeira fora en Underground, onde aparece uns segundos como comprador de armas.

En 2001 dirixe Super 8 Stories, un típico documental "no camiño" sobre a xira e vida dos músicos de Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra. Esta película ofrece unha hilarante visión detrás das bambalinas e rebosa material sobre intimidades, pequenos matices a ser "lidos entre liñas" e detalles dos "pequenos praceres" dos seus protagonistas.

Na película The good thief (2002), dirixida por Neil Jordan, Kusturica interpreta a un guitarrista eléctrico e experto en seguridade que está constantemente tocando "riffs" de Jimi Hendrix.

No 2004 Kusturica e a súa película Život je čudo, que fala da guerra civil iugoslava, recibiron o Premio da Educación Nacional (Prix de l' Education Nationale) de Francia. Život je čudo foi utilizada como unha ferramenta educativa a nivel nacional, en conxunto cun CD-ROM instructivo destinado a incitar a análise e o debate entre estudantes.

Emir Kusturica gañou no 2005 o Premio Europeo de Arquitectura Phillipe Rotthier polo seu proxecto de ciudadela étnica "Drvengrad" ("aldea de madeira") localizado sobre o monte Zlatibor en Serbia. O premio é dado cada tres anos pola "Fundación para a Arquitectura" ("Fondation pour l'architecture") de Bruxelas, Bélxica e é unha das máis prestixiosas distincións belgas e europeas no campo da arquitectura.

No Festival de cine de Cannes de 2005 oficiou como Presidente do Xurado.

No 2006 realizou un documental dedicado ó famoso futbolista Maradona.

Actualmente centra a súa residencia en Microclub os sábados.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Actuacións[editar | editar a fonte]

  • There is no direction (2006): el mesmo
  • Viaggio Segreto (2006): Harold
  • Mister K (2005): el mesmo
  • Pas assez de volume (2004): el mesmo
  • The good thief (2003): Vladimir
  • Jagoda u supermarketu (2003): o xeneral
  • Super 8 Stories (2001): el mesmo
  • The widow of Saint-Pierre (2000): Neel Auguste
  • Underground (1995): Militar serbio da guerra civil
  • Arizona Dream (1993): Cliente de bar en Nova York
  • Time of the Gypsies (1989): Cliente de bar de Milan na versión extendida
  • 13 july (1982): Oficial Italiano
  • The brides are coming (1978): O repartidor

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Irodanova, Dina: Emir Kusturica. London. British Film Institute 2002.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]