Emily Loizeau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Emily Loizeau é unha autora-compositora-intérprete franco-británica, nada o 7 de febreiro de 1975 en Neuilly-sur-Seine.

Índice

Biografía[editar]

Infancia[editar]

Emily Loizeau é filla de pai francés e de nai inglesa. A súa nai é a comediante inglesa Peggy Ashcroft, e é a irmá da xornalista Manon Loizeau[1]. Debido á súa ascendencia, escribe tanto en inglés como en francés. As súas influencias son múltiples: Georges Brassens, Bob Dylan, os Beatles, Tom Waits, Nina Simone, Randy Newman e moitos outros.

Comezo na música[editar]

Emily comezou os seus estudos de piano con cinco anos. Despois de estudar música clásica durante anos, fixo tres anos de teatro.[2]

A finais de 2001 decide dedicarse á canción. Ese mesmo ano Emily escribe a súa primeira canción oficial Balthazar (xa que xa escribia unha canción polo nacemento do seu sobriño), que trata con claridade dunha ruptura que vivira había pouco tempo.[3] En abril de 2004, firmou un contrato de edición con Nicolas Galibert e Sony Music Publishing e comezou a facerse notar tocando como teloneira de Tryo, Andrew Bird ou incluso Patricia Kaas. [4]

Primeiro álbum[editar]

Despois de autoproducir un CD con seis cancións titulado « La Folie En Tête », o seu primeiro álbum "L'Autre Bout du Monde" saiu baixo o selo independente Fargo Records, dirixido por Michel Pampelune, en febreiro de 2006.[5]

Entón, firmou co productor Pierre Pascal Houdebine e Furax unha xira de case dous anos, que a conduciu a preto de 200 concertos nas vilas francesas, da pequena sala parisiense dos seus comezos (La Comédia) ao escenario do Grand Rex (2800 plazas) o 6 de novembro de 2007. O seu espectáculo estivo acompañado polos seus dous músicos Cyril Avèque (batería) e Olivier Koundouno (violoncello) e a posto en escena por Daniel Levy. Ademais de Bach e Franz Schubert, gústalle Renaud desde que tiña 11 anos. A representación melodiosa e ao mesmo tempo salvaxe das súas cancións está estreitamente ligada á precisión musical do seu baixista e violoncellista Olivier Koundouno, quen está moi influenciado polo corista Nicolas Pannetier.

A finais de 2006, Renan Luce presentoulle á súa mánager Gloria, que acompañou un éxito crecente que dende ese momento se extende internacionalmente ao ritmo da xira 2007 e 2008 : Québec, América do Sur, India (French Kiss Tour con Anaïs e Mademoiselle K), nos Ánxeles USA, Polonia, Reino Unido... Gloria ocúpase da carreira de Emily Loizeau dende abril de 2007.

O seu video-clip Jalouse (realizado por Leo Bridle) estivo presente durante moito tempo na páxina de inicio mundial de Youtube.com. Así, logrou un grande éxito do outro lado do atlántico e incluso os fans americsnos o subtitularon en inglés para entender mellor as letras.

Discografía[editar]

Álbums[editar]

  • Folie en tête 2005
  • L'Autre Bout du Monde 2006
  • Live Au Grand Rex 2007 (Edición limitada: 200 exemplares)

Este álbum foi gravado en directo nun concerto de Emily Loizeau no Grand Rex, editado e vendido á saída do espectáculo. Tamén estivo á venda na páxina web da súa casa de discos do momento, Fargo.

  • King Guillaume 2009

A maioría das canción están compostas e escritas por Emily Loizeau, agás algunhas versión como My Guy, e Hymne De La Trahison.

  • Pays Sauvage 2009

Notas[editar]

Véxase tamén[editar]

Ligazóns externas[editar]