Emilio Salgado Urtiaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEmilio Salgado Urtiaga
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1897 Editar o valor em Wikidata
Punxín, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xuño de 1970 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Vigo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Emilio Salgado Urtiaga, nado en Punxín o 6 de xaneiro de 1897 e finado en Madrid o 27 de xuño de 1970, foi un arquitecto e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De neno trasladouse coa familia a Vigo onde os seus pais abriron un establecemento comercial. Realizou os estudos superiores na Escola de Arquitectura de Madrid e obtivo o título en 1923. En xaneiro de 1924 fíxose coa praza de arquitecto municipal de Pontevedra, cargo que desempeñou ata os primeiros anos da década de 1930. Como arquitecto municipal redactou un plan xeral de aliñacións e rasantes que presentou ao Concello a principios de outubro de 1926. Tamén trazou o proxecto de escalinatas e rotonda da Alameda.

Nesta época mantivo aberto un estudio de arquitectura en Vigo. Membro do Partido Radical, en outubro de 1934 foi elixido alcalde de Vigo. Durante o seu mandato impulsou a constitución do Museo de Castrelos.

No seu mandato como alcalde xurdiu na cidade unha polémica en torno ao proxecto urbanístico de Ensanche e Reforma Interior que trazara Antonio Palacios Ramilo en 1932 e fora aprobado definitivamente polo Ministerio de Traballo e Sanidade en xullo de 1934. Ante a enérxica oposición que suscitou a aprobación, Salgado foi o único técnico que mantivo o apoio ao proxecto de Palacios. Salgado foi destituído polo Gobernador civil o 28 de decembro de 1935. O Proxecto foi finalmente rexeitado pola primeira corporación xurdida da guerra civil e anulado definitivamente en 1939.

A súa obra está influenciada por Antonio Palacios, polo que sentiu unha profunda admiración.

Durante os últimos anos da súa vida residiu en Madrid.


Predecesor:
Ángel Campos Varela
 
Alcalde de Vigo
 
1934 - 1935
Sucesor:
Ángel Campos Varela

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]