Emilio Prados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Emilio Prados, nado en Málaga en 1899 e finado en México en 1962, foi un poeta español, membro da Xeración do 27.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1914 trasladouse a Madrid para estudar, e residiu na Residencia de Estudiantes, alí coñeceu a Juan Ramón Jiménez, que foi vital para a súa inclinación poética e máis tarde a Federico García Lorca, Salvador Dalí e Luis Buñuel entre outros.

En 1921 o agravamento dunha enfermidade pulmonar que padecía dende a infancia obrígao a acudir a sanatorio suízo para tratala, durante a súa reclusión aproveita para ler e escribir, trala súa recuperación en 1922 seguíu cursos nas universidades de Berlín e Friburgo, e en París coñeceu a Pablo Picasso.

En 1924 volta a Málaga, xunto a Manuel Altolaguirre fundou a revista literaria Litoral, e en 1925 convértese no editor da casa editorial Sur, onde foi o responsable da publicación de moitas das obras dos membros da Xeración do 27, durante a Segunda República Prados dedicou boa parte do seu tempo a actividades políticas ao tempo que escribía poesía comprometida.

Trala sublevación militar que dá comezo á guerra civil española, Prados marcha a Madrid e únese á Alianza de Antifascistas Españois, a súa recompilación de poesía de guerra, Destino fiel, gaña o Premio Nacional de Literatura en 1938. En 1938 trasládase a Barcelona e faise cargo, con Manuel Altolaguirre da editorial do Ministerio de Instrución Pública, trala vitoria franquista exiliase en París e en xullo de 1939 establécese en México.

Da súa produción no exilio destacan Jardín cerrado, Penumbras e Río natural, escritos entre 1940 e 1956, nelas a intriga amorosa é o único elemento que salva ao poeta da soedade, a morte e a desesperación.