Emilio Costas Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEmilio Costas Fernández
Biografía
Nacemento1914 Editar o valor em Wikidata
Tui, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xullo de 1936 Editar o valor em Wikidata (21/22 anos)
Monte Aloia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpanadeiro , anarcosindicalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Emilio Costas Fernández, nado en Tui en 1914[1] e fusilado no monte Aloia[2] o 26 de xullo de 1936,[3] foi un panadeiro e militante anarcosindicalista galego de comezos do século XX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi panadeiro en Vigo e Tui, e militaba no Sindicato de Alimentación de Tui da Confederación Nacional do Traballo. Era colaborador do xornal Mar y Tierra e membro da Federación Anarquista Ibérica. A finais de 1932 foi detido xunto a Vicente Vales Lorenzo acusado de disparar a Valentín Paz Andrade. Estivo preso até novembro de 1933, cando foi xulgado. Malia que a fiscalía pedía 18 anos de cárcere, saíron absoltos. Escribiu ao diario CNT dende a prisión denunciando as pésimas condicións dos reclusos. En 1934 intentou aplicárselle a lei de vagos en Tui. Foi detido trala revolución de Asturias.

En maio de 1936 participou no IV Congreso da CNT en Zaragoza, representando os sindicatos de Alimentación e Construción de Tui e mais o Sindicato de Oficios Varios de Guillerei. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, combateu en Tui aos militares. Tras ser apresado, foi fusilado xunto ao seu irmán José no monte Aloia. Dúas semanas despois correron a mesma sorte o seu irmán máis novo Alejandro e o seu pai Antonio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pereira, D. e Fernández, E.: O anarquismo na Galiza. Apuntes para unha enciclopedia, Ed. Positivas, 2003. Páx. 80.
  2. "En memoria de Vicente Vales e Emilio Costas" Arquivado 30 de marzo de 2018 en Wayback Machine., artigo na web da Confederación Rexional Galaica; maio 2012.
  3. Pereira, D. e Fernández, E.: O movemento libertario en Galiza (1936 - 1976), Ed. A Nosa Terra, 2006. Páx. 254.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]