Emilio Aspe Vaamonde
Emilio Aspe Vaamonde | |
---|---|
Falecemento | 24 de marzo de 1967 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | militar e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Emilio de Aspe Vaamonde, finado na Coruña o 24 de marzo de 1967,[1] foi un militar e político español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Nicasio de Aspe Fullós, vicepresidente da Real Academia de Medicina de Galicia e Asturias e do Colexio de Médicos da Coruña, secretario do dispensario antituberculoso da Coruña e doutor da armada, e de Adela Vaamonde de Castro.
Xeneral de Cabalaría. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado gobernador civil de Valladolid (1937-1939), da Coruña (1939-1945) e de Tenerife (1946-1950).
Irmán do Tenente Xeneral de Artillaría Nicasio de Aspe e do Xeneral de División Leoncio de Aspe, ambos gobernadores militares despois da Guerra Civil.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Vicenta Martínez Montoya, con quen tivo dous fillos, Emilio e Adela de Aspe Martínez.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 26-3-1967, p. 21.