Emilio Aceval

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emilio Aceval
Emilio Aceval Merín
Presidente de Paraguai
Período: 25 de novembro de 1898 - 9 de xaneiro de 1902
Antecesor: Juan Bautista Egusquiza
Sucesor: Andrés Héctor Carvallo
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 16 de outubro de 1853
Lugar: Asunción, Paraguai
Falecemento: 15 de abril de 1931
Lugar: Asunción, Paraguai
Organización: Partido Colorado
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: Adelina Díaz de Bedoya
Josefina Rivarola
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s):
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: político
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

(Asunción, Paraguai, 16 de outubro de 1853[1] - Asunción, 15 de abril de 1931) foi presidente da república do Paraguai. Os seus pais foron don Leonardo Aceval e dona Mónica Marín[1]. Foi o seu irmán o Doutor Benjamín Aceval, distinguida personalidade dentro da cultura e a vida institucional deste país. O Dr. Benjamín faleceu repentinamente o 5 de xullo de 1900, con este suceso, unha gran tristeza apoderouse de don Emilio, xa que perdera a un dos seus máis valiosos conselleiros. casou moi novo, en primeiras nupcias con Adelina Díaz de Bedoya, da que enviudó, casándose despois, en segundas nupcias, con dona Josefina Rivarola.

A súa Vida[editar | editar a fonte]

Foi un dos nenos heroes sobrevivientes da batalla de Acosta Ñu. Os seus estudos realizounos baixo a dirección do pai Fidel Maíz, pero ao comenzo da guerra contra a Tripla Alianza incorporouse ao Exército, aos 13 anos. Foi ferido en Pirayú e logo en Acosta Ñu, onde actuou co grao de sarxento maior. Días despois, caeu prisioneiro na batalla de Caraguatay. (A súa vestimenta de soldado exhíbese no Museo de Historia Militar).

Ao regresar á capital, atopouse coa triste escena da casa dos seus pais, que foi cruelmente saqueada, descubriuse nunha fría soidade, pero achegados seus axudárono a trasladarse a Corrientes e logo a Buenos Aires, onde retomou as súas tarefas escolares como interno do Colexio Nacional Central. Proseguiu os seus estudos de enxeñaría na posguerra, en 1876, pero tivo que interrompelos por mor dunha grave enfermidade. Logo da súa recuperación, realizou unha longa viaxe por Europa e Estados Unidos, de onde regresou en 1881, e dedicouse á gandaría, transformándose nun propietario de facendas. Faleceu na cidade de Asunción o 15 de abril de 1931.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Parker, William Belmont (1921). Paraguayans of To-day. The Hispanic society of America. pp. 125–126.
Presidente de Paraguai

Segue a:
Juan Bautista Egusquiza
Emilio Aceval
Precede a:
Andrés Héctor Carvallo
Partido Colorado