Emili Huguet i Serratacó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emili Huguet i Serratacó
Nacemento1871
Lugar de nacementoGranollers
Falecemento21 de xaneiro de 1951
Lugar de falecementoRabat
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónbotánico e xeógrafo
editar datos en Wikidata ]

Emili Huguet i Serratacó, coñecido como Huguet del Villar, nado en Granollers, Provincia de Barcelona, en 1871 e finado en Rabat, Marrocos, en 1951, foi un naturista e xeógrafo catalán. De marcada personalidade, gran innovador, introdutor na Península Ibérica dos estudos de xeobotánica e edafoloxía. Tivo unha vida axitada, na que destaca que, a pesar da súa influencia en varios campos científicos, nunca tivo unha posición académica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Huguet del Villar emigrou aos 17 anos a Suramérica, onde se dedicou ao ensino, en niveis elementais, da xeografía. Á súa volta, en 1900, dedicouse ao xornalismo, como un medio de gañarse a vida, pero tamén como forma de difundir as súas alternativas políticas. Defendía a modernización de España, e tamén a súa expansión en Marrocos. Neses primeiros anos do século publicou ademais manuais de xeografía, nos que facía manifesto o seu interese pola influencia do medio físico no desenvolvemento das sociedades.

Como discípulo de Ventura de los Reyes Prósper, estudou a vexetación de Gredos, formándose tamén como sistemático, coa descrición de 15 especies novas.

Con Hugo Obermaier e outros, participou nos traballos da expedición que estudou o glaciarismo na Serra de Gredos. Participou na eleboración dun léxico glaciolóxico encargado pola Real Sociedade Española de Historia Natural.

En 1921 publicou El valor geográfico de España. Ensayo de Ecética. Con este termo, da súa invención, referíase a algo parecido ao que agora chamamos capacidade de carga do territorio, do seu medio natural, anticipándose ao tipo de consideracións en que se basea a actual preocupación pola sustentabilidade da economía.

En 1925 deu á luz o seu Avance geobotánico sobre la pretendida estepa central en España, onde postulou unha orixe antropoxénico para o que desde Willkomm, que a describiu en 1852, viñera sendo tratado como unha formación natural.

Sendo xa un experto recoñecido no campo da xeobotánica, participou no Congreso Edafolóxico Internacional de 1924, en Roma, onde asumiu o encargou de nuclear aos especialistas españois, ata entón uns poucos enxeñeiros agrónomos e de montes. En cumprimento desta tarefa foi fundamental para o nacemento da Comisión de Edafoloxía e Xeobotánica, da que foi Secretario. Este momento marca o nacemento da edafoloxía en España e a consolidación en español deste nome para unha ciencia que recibiu tantos. Os seus esforzos non lograron calar unha fórmula institucional estable para a edafoloxía no marco da investigación agronómica e forestal. Un intento posterior supúxoo a creación, baixo a égida da Generalitat de Cataluña, do Instituto Mediterráneo de Ciencia do Chan, que debía ser parte dunha Asociación Internacional de Ciencia do Chan radicada en Barcelona; Huguet foi o seu presidente mentres durou.

Guerra e exilio[editar | editar a fonte]

En 1937, en plena guerra civil, Huguet publicou Los suelos de la península Lusoibérica, complementado polo primeiro mapa publicado dos chans peninsulares.

Como xeógrafo, Huguet promoveu unha comprensión integrada dos aspectos humanos e os físicos no estudo da realidade xeográfica. Como xeobotánico contribuíu á comprensión dos factores edáficos na distribución das formacións, e introduciu os conceptos da escola centroeuropea, fitosociolóxica. Contribucións tan dispares acreditan a Villar como o fundador en España non só da edafoloxía, senón tamén da ecoloxía.

Como consecuencia da guerra civil, e como a maioría dos mellores intelectuais e científicos españois da súa época, Huguet do Villar terminou os seus días no exilio, no seu caso no Marrocos francés.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]