Emil Boc

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emil Boc

Emil Boc, nado o 6 de setembro de 1966, é un político romanés, presidente do Partido Demócrata Liberal e antigo primeiro ministro do país.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu de Ioan e Ana Boc no concello de Mărgău, Condado de Cluj, en Transilvania. Estudou na Facultade de Historia e Filosofía en Cluj e máis tarde na de Dereito, doutorouse en ciencias políticas e filosofía política e obtivo bolsas de estudo para perfeccionar os seus estudos no estranxeiro. Exerceu como avogado e profesor universitario en Cluj. Boc foi elixido deputado no ano 2000 e presidente executivo do Partido Democrático (agora Partido Demócrata Liberal) a proposta de Traian Băsescu, o entón presidente do partido. No ano 2004 presentouse á alcaldía de Cluj-Napoca enfrontándose a Gheorghe Funar, do Partido da Unidade Nacional Romanesa que fora alcalde durante doce anos. Tanto Boc como o candidato do Partido Social Demócrata superárono en votos, nunha segunda volta Boc superou ó candidato socialdemócrata, converténdose no novo alcalde. Nas eleccións municipais de 2008, Boc logrou o 76.2% dos votos.[1]

Primeiro ministro[editar | editar a fonte]

Despois das eleccións xerais romanesas de 2008 o Partido Demócrata Liberal e o Partido Social Demócrata chegaron a un acordo de goberno, o presidente Băsescu designou a Theodor Stolojan como primeiro ministro pero este rexeitou o posto, designouse entón a Emil Boc, que serve como primeiro ministro desde o 22 de decembro de 2008.

En febreiro de 2012 dimitiu logo dunha serie de protestas pola política económica. Foi substituído por Mihai Razvan Ungureanu.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Separaţia puterilor în stat, Cluj, Presa Universitară Clujeană, 2000.
  • Instituţii politice şi proceduri constituţionale în România, Cluj, Editura Accent, 2003; ediţia a II-a, Cluj, Editura Accent, 2005.
  • Drepturile omului şi libertăţile publice, Cluj, Editura Accent, 2003.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rezultatele alegerilor locale din principalele oraşe ale ţării", realitatea.net, 6 de xuño de 2008


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]