Emilíana Torrini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emiliana Torrini.

Emilíana Torrini Davíðsdóttir, nada o 16 de maio de 1977, é unha cantante islandesa, que se fixo famosa tras a publicación do seu primeiro álbum Love in the Time of Science.

Primeiros pasos[editar | editar a fonte]

Emiliana creceu en Kópavogur, e cando tiña 7 anos ingresou nun coro como soprano, até que entrou nunha escola de ópera, aos 15 anos. En 1994 acadou fama en Islandia despois de gañar a competición nacional de canción de escolas xuvenís (en islandés: Söngkeppni framhaldsskólanna), aos 17 anos, cantando "I Will Survive". Filla dun italiano e unha islandesa, tiñan un restaurante de cociña italiana bastante coñecido en Islandia e aínda moitos islandeses a recordan traballando de camareira no negocio familiar.

Carreira musical[editar | editar a fonte]

De 1994 a 1996 publicou tres álbums en Islandia, Spoon (cunha banda do mesmo nome), Crouçie d'Où La e Merman. Pero non se faría famosa até 1999 con Love in the Time of Science (producido por Roland Orzabal de Tears for Fears). Torrini foi capaz de cantar "Gollum's Song", o tema final do film The Lord of the Rings: The Two Towers de Peter Jackson, cando Bjork quedou preñada. En 2005 publica o álbum Fisherman's Woman, no que incluía sinxelos como "Sunny Road" ou "Heartstopper". En 2006, Torrini foi nominada aos Icelandic Music Awards en Reiquiavik por catro categorías: Álbum Pop do Ano, Canción do Ano ("Sunny Road"), Cantante do Ano e vídeo do Ano ("Sunny Road", dirixido por Ali Taylor. Gañou todas agás o de Canción do Ano.

Colaboracións[editar | editar a fonte]

Emilíana Torrini foi membro do grupo de artistas islandeses GusGus e contribíu poñendo voz a varias cancións do seu álbum debut Polydistortion (1997), que incluía o tema "Why", que aínda segue a interpretar nos seus concertos. Ela foi coautora do tema "Slow" de Kylie Minogue en 2003. Tamén producíu este tema en con Dan Carey, sendo ambos nominados aos Grammy na categoría de Mellor Gravación Dance en 2005. Antes disto puxo voz ao disco The Richest Man in Babylon da banda Thievery Corporation's]] (Washington, DC, EUA) en 2002.

Torrini participou nalgún tour con Moby, Sting, Dido, Travis, Tricky e Adem.

Discografía[editar | editar a fonte]

Emiliana Torrini no Orange Music Experience Festival, Fisherman's Woman tour, Haifa, 2005.

Álbums[editar | editar a fonte]

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Colaboracións[editar | editar a fonte]

Cancións en compilacións[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]