Embraer EMB 312 Tucano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Embraer EMB 312 Tucano
Tucano da Forza Aérea do Perú
Tipoavión de adestramento
FabricanteEmbraer
Primeiro voo16 de agosto de 1980
Introducidosetembro de 1983
Estadoactivo
Principais usuariosForza Aérea Brasileira
Forza Aérea de Exipto
Forza Aérea Arxentina
Produción1980 - 1996
Unidades construídas624
VariantesShort Tucano

O Embraer EMB 312 Tucano é un avión de adestramento básico con pequenas capacidades de ataque desenvolvido pola compañía brasileira Embraer. A Forza Aérea Brasileira patrocinou o proxecto EMB-312 a finais do ano 1978. O traballo de deseño e desenvolvemento comezou a principios de 1979 para a realización dun modelo de adestramento de baixo custo e relativamente sinxelo con características innovadoras, e que finalmente pasaría a ser un estándar internacional para os avións do seu tipo. O prototipo realizou o seu primeiro voo o 16 de agosto de 1980 e as primeiras unidades foron entregadas en 1983.

A produción foi iniciouse localmente cun pedido de 118 avións, con opcións para outros 50 en outubro de 1980. Posteriormente sería fabricado en Exipto baixo licenza en 1993, e despois comezaríase a fabricar unha versión mellorada coñecida como Short Tucano, que foi un produto baixo licenza fabricado no Reino Unido. O Tucano converteuse no primeiro éxito internacional de Embraer. Foron fabricados un total de 664 exemplares, voando en 16 forzas aéreas de todo o mundo.