Emblema de Cabo Verde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emblema de Cabo Verde
Detalles
ArmigerCabo Verde
Adoptado1992
DivisaRepública de Cabo Verde

O emblema de Cabo Verde é un dos símbolos nacionais do país dende o ano 1992. Consiste nun círculo no que está escrito o nome do país en portugués. Dentro deste círculo atópase un facho nun triángulo, símbolos da liberdade e a unidade nacional. O círculo está arrodeado con dez estrelas que representan as illas de Cabo Verde, e é semellante ó simbolismo da bandeira de Cabo Verde.

Este emblema substitúe a variante anterior cunha cuncha, que foi empregada dende a independencia.

Escudos históricos[editar | editar a fonte]