Escribenta cabecinegra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Emberiza melanocephala»)
Escribenta cabecinegra

Adulto macho (Lesbos, Grecia)
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Emberizidae
Xénero: Emberiza
Especie: E. melanocephala
Nome binomial
'Emberiza melanocephala'
Scopoli, 1769
Distribución
Distribución

Distribución
Sinonimia

Granativora melanocephala

A escribenta cabecinegra é unha ave da familia das Emberizidae.

Morfoloxía e hábitos[editar | editar a fonte]

Emberiza melanocephala.

Ten unha lonxitude de 15 a 17 cm. É unha especie moi similar á escribenta amarela, indentificable pola caparuza negra e os costais superiores cor parda clara. As femias e xuvenís son amarelos sen caparuza. Moi emparentado coa Escribenta carivermella, coa que hibrida localmente. De feito, os xuvenís son practicamente indiferenciables, O mesmo acontece cos machos durante o primeiro ano de vida.

Habita en campos abertos con árbores e en zonas con matogueiras, campos de oliveiras e vides, fragas de ribeira e ladeiras de montañas.

Distribución[editar | editar a fonte]

Durante a época de cría (maio a xullo) localízase no sur de Italia, os Balcáns, Asia Menor, o Cáucaso e o norte da península Árabe. Hiberna na India.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez: 100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas. Concello do Grove, 2009.
  • Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons: Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Nicolai, Singer, Wothe: Gran Guía de la Naturaleza AVES. Editorial Everest (en castelán).