Elx

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Elx - Elche")

Coordenadas: 38°16′01″N 00°41′54″W / 38.26694°N 0.69833°W / 38.26694; -0.69833

Elx
Bandera de Elche.gif Escudo de Elche.png
Situación xeográfica
Localización de Elx respecto o País ValencianoLocalización de Elx respecto á comarca do Baix Vinalopó
País España España
Comunidade autónoma Flag of the Valencian Community (2x3).svg País Valenciano
Provincia Alacant
Comarca Baix Vinalopó
Xeografía
Altitude 86 msnm
Superficie 327,07 km²
Poboación
Poboación 228.348 hab. (2008)
Densidade 700,3 hab./km²
Xentilicio Ilicitano/na
Información
Código postal 032XX
Alcalde Alejandro Soler Mur (PSPV)
Páxina web http://www.elx.es

Elx[1] (en valenciano: Elx, en castelán: Elche), é unha cidade do País Valenciano da provincia de Alacant, na comarca do Baix Vinalopó. Ás beiras do río Vinalopó é cabeceira da comarca do Baix Vinalopó, a súa poboación alcanza os 228.348 habitantes (INE 2008), sendo a 3ª cidade valenciana en poboación, tras Valencia e Alacant. A área metropolitana de Alacant-Elx, que agrupa a Elx coa conurbanización de Alacant e coas localidades próximas de Santa Pola e Crevillent, é a oitava máis poboada do estado, cuns 735.000 habitantes.

Historia e características[editar | editar a fonte]

No século V a. C. foi fundada a cidade ibera de Ilici. Coa chegada dos romanos, desenvolveuse un proceso de formación dunha colonia poboada con veteranos das Guerras Cántabras, que pasaría a chamarse colonia Iulia Illici Augusta, en torno ao ano 26 a. C. Baixo o dominio musulmán na Idade Media, a cidade estableceuse no seu emprazamento actual. Por mor da conquista cristiá, ao redor do ano 1250, a cidade pasou á Coroa de Castela. No ano 1265 os musulmáns foron expulsados da cidade tras unha rebelión e, en 1305, Elx foi cedida ao Reino de Valencia. Durante o reinado de Amadeo I en 1871, o monarca outorgoulle o título de Cidade, tras unha visita á vila. Durante os anos 60 e 70 do século XX, a cidade experimentou un forte aumento de poboación ligado á industrialización, que convertería a Elx nun dos principais produtores de calzado de Europa.

O Palmeiral de Elx, xunto coa representación sacra do Misterio de Elx, foron declarados pola UNESCO Patrimonio da Humanidade e Obra Mestra do Patrimonio Oral e Intanxíbel da Humanidade respectivamente. Estes símbolos de identidade ilicitanos son uns dos principais atractivos turísticos desta cidade de tradición industrial.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Elx, un oasis entre palmeiras.
Panorámica de El Fondo, Espazo Natural Protexido nos termos de Elx e Crevillent.
Praia de La Marina.
Climograma de Elx.
Pazo de Altamira.

A cidade de Elx sitúase na costa mediterránea da provincia de Alacant, a 23 km ao suroeste da cidade de Alacant e a 179 km ao sur de Valencia. Ten unha extensión de 326,07 km² e atópase a unha altura media de 86 metros sobre o nivel do mar.

Elx limita cos outros dous municipios que forman parte da comarca do Baix Vinalopó, Crevillent e Santa Pola. Ao norte, o termo municipal limita con Asp e Monfort del Cid do Vinalopó Mitjà, e coa cidade de Alacant (na comarca do Alacantí). Ao sur atópase Dolors, Sant Fulgenci e Guardamar del Segura do Baix Segura.

Noroeste: Asp Norte: Monfort del Cid Nordés: Alacant
Oeste: Crevillent Brosen windrose.svg Leste: Santa Pola
Suroeste Dolors Sur: Sant Fulgenci Sueste: Guardamar del Segura

Relevo[editar | editar a fonte]

Elx aséntase nunha chaira cruzada polas serras do Molar, Tabaià e Castellar, últimas estribacións do sistema bético que configuran as variadas paisaxes do termo municipal onde a palmeira é un elemento constante e característico. A cidade é atravesada polo río Vinalopó, de escaso caudal, pero cunha conca que chega a alcanzar os 100 metros, a cal divide Elx de norte a sur.

O máis representativo da paisaxe ilicitana é sen dúbida o conxunto de hortos que recibe o nome do Palmeiral e que cobre unha gran parte da cidade e o seu campo. Destaca o xardín botánico do Hort del Cura, coa palmeira Imperial no centro da cidade. No termo municipal pódese gozar de paraxes de importante valor ecolóxico, como son o Parque Natural de El Hondo, que comparte con Crevillent, e o Paraxe Natural Municipal do Clot de Galvany, que conteñen unha flora e fauna de gran relevancia. Cabe sinalar tamén o Encoro de Elx, declarado Ben de Interese Cultural, que construído no ano 1632, reúne as augas do río Vinalopó que cruzan o municipio.

Litoral[editar | editar a fonte]

O litoral ilicitano ten unha extensión de 12 km, dos cales 9 km son praias formadas por dunas e piñeirais nunha característica paisaxe mediterránea. Na zona norte atópanse as extensas dunas das praias do Altet e o Fondet da Senieta que se prolongan até os Areais do Sol, centro turístico cunha ampla oferta de servizos. A continuación ábrense as praias das Dunas, o Carabasí (praia nudista) e L'Escull, ao pé da serra de Santa Pola. Ao sur do termo atópase o Pinet, a Marina e Lles Pesqueres, praias de augas transparentes e area fina rodeadas de piñeirais, distinguidas as tres con Bandeira Azul[2].

Clima[editar | editar a fonte]

O clima é mediterráneo árido cunhas temperaturas medias que oscilan entre os 6 °C de xaneiro e os 26 °C de xullo, alcanzándose todos os veráns máximas de 35 °C nos días máis cálidos debido principalmente aos ventos de poñente. As choivas son escasas, ao redor de 250 mm ao ano. Pódense dar choivas torrenciais provocadas pola acumulación de calor nas capas de nubes e a chegada de masas de aire frío polar, sobre todo en outono.

Topónimo[editar | editar a fonte]

O primeiro nome do que se ten constancia documentada é Illici en latín clásico (pronunciado Il.liki ou Iliki), nunha inscrición achada en Italia onde, facendo referencia a unha persoa orixinaria de Elx, aparece Illici. Todo apunta a que este puidese derivar do nome que os iberos daban ao seu poboado antes da chegada dos romanos. Constan documentos co nome de Helike en grego realizados polos historiadores clásicos Diodoro e Ptolomeo.

Foi baixo a dominación visigoda cando o nome de Illici comeza a adoptar formas diversas con aparición da E en substitución da I como son Elici, Elice ou Elece. Na división de Al-Andalus, levada a cabo por Yusuf al-Fihrí aparece ﺍﻟﺶ (pronunciado Elsh), como o nome árabe de Elx no século VIII. A finais do século XIII e baixo o dominio castelán do Reino de Murcia é cando aparece a denominación de Elche. A partir de 1305, xa na Coroa de Aragón, a cidade pasa a ser denominada en valenciano antigo cos nomes de Elch, Eltx ou Elx. Dende mediados do século XV, Elig converteríase na ortografía habitual da cidade en valenciano, ata que caese en desuso tras a promulgación dos Decretos de Nueva Planta no ano 1707, polos cales se institucionalizaba a forma castelá, Elche, na documentación oficial do Reino. Tralas Normas de Castelló (1932) existiu unha certa controversia sobre se o nome en valenciano debía ser escrito como Elx ou como Elig, no entanto foi o Concello quen acabou optando pola primeira grafía.

Demografía[editar | editar a fonte]

Entidades de población Habitantes (2007)[3]
Matola 1680
Algoda 780
Algorós 626
Altabix 2.663
Atzavares 1.358
El Altet 4.531
Els Arenals del Sol 1.254
Asprella 435
Les Baies 2.164
Carrús 1.299
Daimes 1.266
El Derramador 448
Elx 185.807
La Foia de Elx 2.316
Jubalcoi 1.124
Maitino 881
La Marina 2.109
La Perleta 1.164
Pla de Sant Josep 2.021
Puçol 367
La Torre del Pla 6.369
Vallverda 1.672

Poboación[editar | editar a fonte]

En 2008 o municipio de Elx contaba con 228.348 habitantes, segundo cifras oficiais do INE. O 83,5 % da súa poboación vivía na cidade de Elx e o resto nas numerosas partidas rurais e pedanías coas que conta o municipio. A distribución da poboación por núcleos indícase na táboa da dereita.

Evolución demográfica[editar | editar a fonte]

En 1900 Elx contaba con 27.308 habitantes e era a cuarta cidade da provincia de Alacant por detrás de Alacant, Alcoi e Orihuela. Até 1940 creceu ao mesmo ritmo que Alcoi e Orihuela pero a partir desta data despuntou coa industrialización e recibiu moitos inmigrantes, polo que pasou de 46.596 en 1940 a 73.320 en 1960 e 162.873 en 1981. Elx non deixou de medrar nos últimos anos aínda que máis lentamente debido ao descenso da natalidade e pasou de 188.062 en 1991 a 194.767 en 2001 e 228.348 en 2008. Nos últimos anos o crecemento demográfico reforzouse pola chegada de inmigrantes iberoamericanos e magrebíes.

Evolución demográfica de Elx (1900-2007).
Evolución demográfica do municipio de Elx[4]
1787 1857 1877 1887 1900 1910 1920 1930 1940
17.554 19.533 19.636 23.847 27.308 30.511 33.167 38.013 46.596
1950 1960 1970 1981 1991 1996 2001 2006 2008
55.877 73.320 122.663 162.873 187.596 191.660 198.190 219.032 228.348


Área metropolitana[editar | editar a fonte]

A área metropolitana de Alacant - Elx conta con 760.431 habitantes (2007), sendo a oitava área metropolitana do Estado por poboación.[5] Trátase dun área metropolitana bipolar entre as áreas urbanas de Alacant (446.994) e Elx-Crevillent (313.437).[6] Segundo o proxecto AUDES5 o área metropolitana de Alacant-Elx está formada por 16 municipios.[7]

Posición Nacionalidade Poboación
Marrocos Marrocos 3.955
Romanía Romanía 3.589
Flag of Colombia.svg Colombia 2.758
Flag of Ecuador.svg Ecuador 2.723
Flag of Argentina.svg Arxentina 1.222
Flag of Algeria.svg Alxeria 1.148
Reino Unido Reino Unido 847
Flag of the People's Republic of China.svg China 787
Italia Italia 596

Inmigración[editar | editar a fonte]

A poboación estranxeira en Elx sufriu un incremento de máis do 83% en tan só seis anos, pasando de 4.241 en 2001 a 25.334 a comezos de 2007, o que representa un 11,4% da poboación total.[9] Os residentes estranxeiros máis numerosos son os marroquíes (16,41% do total de estranxeiros censados), os romaneses (15,28% do total de extranxeiros censados), os ecuatorianos (10,87%), e os colombianos (10,28%).[10] Por continentes de orixe, o 35,98% dos estranxeiros censados en Elx proviñan de Iberoamérica e o 35,06% de outras partes do continente europeo.

Lingua[editar | editar a fonte]

Segundo o último censo lingüístico da Generalitat Valenciana, do 2001, Elx cidade tiña no 2001 un 40% de valenciano-parlantes (nos barrios tradicionais e nos primeiros ensanches entre un 50% e un 65% afirman saber falar valenciano mentres que a lingua é moi minoritaria nos barrios de alta inmigración coma Carrús, os Palmerars ou Sant Antoni). No Camp d'Elx o valenciano é claramente maioritario e se achega a máis do 80% de falantes nas vilas ao sur da cidade, algunhas moi poboadas: a Baia, Asprella, a Foia, Matola etc. onde a fidelidade lingüística interna é moi alta.

Economía[editar | editar a fonte]

A Institución Ferial Alicantina (IFA), está situada ao nordés do núcleo urbano de Elx e ao sur da ciudad de Alacant, cerca do aeroporto de Alacant. Conta con dous pavillóns de usos múltiples de 26.500 m² e con 5.000 plazas de aparcadoiro. Na actualidade atópase fase de ampliación, cun pazo multifuncional proxectado de capacidade para 8.500 persoas acondicionado para albergar todo tipo de eventos, dende concertos, obras teatrais e eventos deportivos até o seu uso para exposición da mesma Feira. Ademais, o recinto disporá dun centro de convencións de 21.200 m².[11]

Sector primario[editar | editar a fonte]

A agricultura, que perdeu peso ultimamente, continúa sendo un sector importante que nos últimos anos oriéntase cara a produtos de uso non alimentario, por exemplo viveiros. Ao redor da cidade esténdense trinta partidas rurais poboadas de vivendas de labor e recreo. Nesta zona agrícola, denominada o Camp d'Elx, cultívanse granadas, figos, dátiles, cítricos, améndoas, algodón e diversas hortalizas.

Sector secundario[editar | editar a fonte]

O sector económico por excelencia é o industrial e xira en torno ao calzado e os seus produtos intermediarios. En Elx fabrícase arredor dun 42 % do calzado producido en EspañaOficina de Turismo de Elx e é un dos principais produtores de Europa Análise monográfica do Calzado de Elx. A exportación de calzado ilicitano contribúe notablemente a que a provincia de Alacant presente un gran saldo exportador. Unha gran parte das empresas do sector concéntranse na área de Elx Parque Industrial, cunha superficie de máis de 1.200.000 m². O resto do sector industrial é diverso, habendo empresas das industrias do metal, da química e da construción entre outras.

Sector terciario[editar | editar a fonte]

O comercio ocupa un 20% da poboación. A cidade conta co Centro de Congresos Ciutat de Elx, a Institución Feiral Alacantina (IFA), onde se celebra Expocalzado Internacional, que constitúe a principal feira do sector, e o Aeroporto Internacional de Alacant no Altet. O turismo, con pouco peso respecto dos outros sectores económicos e moito máis modesto que o doutros municipios da provincia, ten como principais bazas o seu coñecido palmeiral, o seu casco antigo, o Misterio de Elx (representado na Basílica de Santa María), e as praias do seu termo municipal.

Educación[editar | editar a fonte]

A educación en Elx depende da Consellería de Educación do País Valenciano.

Educación infantil, primaria e secundaria[editar | editar a fonte]

Educación superior[editar | editar a fonte]

Elx conta con tres centros de ensino universitario. Dende 1997 é a sede central da Universidade Miguel Hernández onde se atopan as seguintes facultades:

Edificio Altabix, no campus de Elx.
  • Escola Politécnica Superior de Elx
  • Facultade de Ciencias Experimentais
  • Facultade de Ciencias Sociais e Xurídicas de Elx

O que fose antigo edificio do colexio A Nosa Señora do Carme, en pleno centro histórico, é na actualidade unha das sedes da universidade privada CEU Cardeal Herrera, onde se imparten as carreiras de Administración e dirección de empresas, Dereito, Xornalismo, Enfermaría e Fisioterapia, entre outras.

A Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) posúe unha sede situada nuns dos hortos de palmeiras da cidade, denominado Hort do Balconet.

Sanidade[editar | editar a fonte]

Na cidade atópase o hospital da comarca do Baix Vinalopó, chamado Hospital General Universitari d'Elx, que foi inaugurado o 6 de maio de 1978. Dá cobertura asistencial á Área Sanitaria 20, que engloba os municipios de Elx, Santa Pola e Crevillent. O hospital universitario conta coas especialidades de Oncoloxía Médica, Consello Xenético, Oncoloxía Radioterápica, Neurocirurxía, Cirurxía Vascular, Resonancia Magnética, Pediatría-Neonatoloxía, Obstetricia, Nefroloxía, Hemodinámica, Litotricia, e Prevención de Riscos Laborais Departamento de Saúde 20. Actualmente atópase en fase de construción o novo Hospital de Elx-Crevillent.

Festividades[editar | editar a fonte]

O Misterio de Elx, que se celebra o 15 de agosto, e a Procesión do Domingo de Ramos, englobada na Semana Santa Ilicitana, están declaras Festas de interese turístico internacional.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Elx é a forma correcta en galego segundo o VOLGa
  2. Turisme d'Elx: Bandeiras Azuis nas Praias de Elx.
  3. INE - Relación de unidades poboacionais
  4. Fonte: Poboación de feito segundo o INE. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842, Series de poboación dos municipios dende 1996. O censo dende 1997 refírese a data 1 de xaneiro. Os datos de 1787 proveñen do censo de Floridablanca, citados por Bernat i Martí e Badenes Martín en Medre da poboación valenciana. Análise e prevención dos censos demográficos (1609-1857). Edicións Alfons el Magnànim. Valencia, 1994.
  5. Conurbaciones en 2006 segundo o proxecto AUDES5
  6. Datos de áreas urbanas en 2006 segundo o proxecto AUDES5
  7. Municipios que forman as áreas urbanas e metropolitanas
  8. Ajuntament de Elx A Poboación de Elx (01-01-2006).
  9. Fonte: Poboación estranxeira: Poboación estranxeira de Elx. INE]]. [1]
  10. Fonte: Explotación estatística do censo segundo o INE. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades).
  11. IFA. Ampliación del recinto: Datos generales