Elspeth Huxley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Elspeth Jouceline Huxley, nada en 1907 e finada en 1997, foi unha escritora, xornalista e oficial colonial británica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada en Londres, chegou en 1912 cos seus pais a Thika, na actual Kenya, para abrir unha plantación de café. En 1925 marcha a Inglaterra e aos Estados Unidos para estudar, aínda que retorna periodicamente cos seus pais. en 1929 converteuse en axudante da oficina de prensa de Empire Marketing Board, en 1932 deixa o seu traballo e viaxa por toda a zona, e publica os seus primeiros libros, entre eles Lord Delamere and the making of Kenya, unha biografía do famoso colono. Formou parte da Comisión para a revisión da Constitución da Federación de Rhodesia, e aínda que comezou avogando polo colonialismo, máis tarde apoiou a independencia dos países africanos.

Escribiu máis de 30 libros, entre eles descatan The Flame Trees of Thika e The Mottled Lizard nos que conta as súas experiencias nos seus primeiros anos en África