Eloy Lozano
Eloy Lozano Coello, nado en Ourense en 1953 e falecido o 13 de abril de 2009 en Santiago de Compostela, foi un director de cine galego.
[editar] Traxectoria
Estudou Ciencias do Cine, Televisión e Fotografía na Universidade Complutense de Madrid e durante os seus estudos, en 1973, roda o primeiro filme en 35 mm rodado en galego, Retorno a Tagen Ata, baseado nun conto de Xosé Luís Méndez Ferrín. Nos anos oitenta realizou traballos anovadores como Numeralia ou Catro escultores e nos noventa regresou á dirección ao rodar Bellas durmientes (1999), onde adaptou unha novela de Iasuhiro Kawabata. Posteriormente realizou unha serie de TV sobre arquitectura contemporanea, titulada Idea e Territorio e mais o documental Quen son? (2008) onde reflexionaba sobre a identidade galega.
Pero a súa relación coa cinematografía ía máis aló da dirección. Foi el quen impulsou a restauración do filme O carro e o home, rodado en 1941, e quen realizou a montaxe galega onde o texto está narrado por Xaquín Lourenzo. Fundou a produtora Off Filmes e fundou e foi o primeiro director do Festival de cinema independente de Ourense.
[editar] Vida persoal
Faleceu dun infarto.