Elliott 6m

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elliott 6m

O Elliot 6m é un iate de tres tripulantes que foi clase olímpica nos Xogos Olímpicos de 2012 en substitución da clase Yngling, é dicir, como barco para tripulacións femininas. Foi deseñado polo neozelandés Greg Élliott en 2000, e a decisión foi tomada pola Federación internacional de vela (ISAF) en 2008.

Características[editar | editar a fonte]

As regatas das olimpíadas neste tipo de embarcación disputáronse na modalidade de match race, onde as galegas Támara Echegoyen e Sofía Toro, xunto coa asturiana Ángela Pumariega conseguiron a medalla de ouro[1][2].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]