Ellen Müller-Preis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ellen Preis»)
Infotaula de personaEllen Müller-Preis

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de maio de 1912 Editar o valor em Wikidata
Berlín, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte18 de novembro de 2007 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Viena, Austria Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Insuficiencia renal Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeAustria Editar o valor em Wikidata
Altura173 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónesgrimista , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Música e Arte Dramática de Viena Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor em Wikidata
Participou en
1956Xogos Olímpicos de 1956
1952Xogos Olímpicos de 1952
1948fencing at the 1948 Summer Olympics – women's foil (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
1936fencing at the 1936 Summer Olympics – women's foil (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
1932fencing at the 1932 Summer Olympics – women's foil (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica) Editar o valor em Wikidata
Premios
Ellen Müller-Preis no podio (á esquerda) dos Xogos Olímpicos de Berlín, 1936 con Ilona Elek e Helene Mayer, todas as tres de orixe xudía recibindo medallas na Alemaña nazi, onde os xudeus alemáns non podían competir. Mayer recibira un permiso especial logo que os Estados Unidos ameazaran cun boicot

Ellen Müller-Preis, tamén coñecida como Ellen Preis ou Ellen Müller, nada en Berlín, o 6 de maio de 1912 e finada en Viena o 18 de novembro de 2007, foi unha tiradora de esgrima xermano-austríaca, gañadora de tres medallas olímpicas con Austria.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ellen, de familia xudía, aprendeu esgrima coa súa tía tras mudarse a Viena aos dezaoito anos, especialista de florete, logo de medio ano gañou os campionatos de Austria e ao ano seguinte quedou terceira nos Campionatos Europeos. Intentou participar nos Xogos Olímpicos de 1932 celebrados nos Ánxeles en representación do equipo alemán, pero como tiña dobre cidadanía logrou participar baixo representación austríaca, conseguindo a medalla de ouro en individual. Nos Xogos Olímpicos de 1936 de Berlín levou a medalla de bronce, metal que revalidou nos Xogos Olímpicos de 1948 de Londres despois da paréntese que supuxo a segunda guerra mundial. Posteriormente participou nos Xogos Olímpicos de 1952 de Helsinqui e nos Xogos Olímpicos de 1956 de Melbourne, aínda ben que foi eliminada en semifinais e finalizou sétima respectivamente.

Ao longo da súa carreira gañou dez medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, entre elas tres de ouro. Ademais tiña 17 títulos nacionais austríacos. En 1949 recibiu o premio de atleta austríaca feminina do ano.

Despois de retirarse foi profesora da Universidade de Música e Arte Dramática de Viena e desenvolveu unha técnica de respiración e movemento para mellorar a voz dos vocalistas, ensinou tamén esgrima histórica e prácticas de esgrima para aos cantantes, directores e actores da Ópera Estatal de Viena e do Burgtheater para asegurar que os lances de esgrima dos espectáculos se realizaran de xeito apropiado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]