Eliseo Ruiz de Cortázar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEliseo Ruiz de Cortázar
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1931 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de abril de 1978 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Eliseo Ruiz de Cortázar, máis coñecido como Cuco, nado en Ferrol o 8 de marzo de 1931 e finado na mesma cidade o 23 de abril de 1978, foi un crego próximo ao movemento obreiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou a carreira de perito mercantil e comezou a traballar na empresa da súa familia no porto de Ferrol. Posteriormente licenciouse en Filosofía e Teoloxía na Universidade Pontificia de Salamanca [1]. Ordenouse sacerdote o 15 de xullo de 1962 e volveu a Ferrol, onde exerceu en Santa Marta de Ortigueira e na concatedral de San Xiao de Ferrol.

En 1970 trasladouse a Madrid, onde se fixo cargo da Consellería Nacional da JOC, e regresou a Galicia en 1974. Exerceu principalmente en San Xiao, que era a súa parroquia natal e en San Pío X de Caranza, ata a súa morte por unha doenza hepática o 23 de abril de 1978, aos 47 anos de idade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, ed. (2010-1-27). "Cuco Ruiz de Cortazar: profeta do Evanxeo". Consultado o 2012-12-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]