Eli Roth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eli Roth
EliRothIBAug09.jpg
Roth na estrea de Inglourious Basterds en agosto de 2009
Nacemento Eli Raphael Roth
18 de abril de 1972 (42 anos)
Newton, Massachusetts, Estados Unidos de América Estados Unidos
Outros nome(s) David Kaufbird
Eli R. Roth
Profesión Actor
Guionista
Produtor
Director de cine
(1996–presente)
Ficha na IMDb

Eli Raphael Roth, nado o 18 de abril de 1972 en Newton, Massachusetts, é un actor, guionista, produtor e director de cine estadounidense. A meirande parte da súa produción cinematográfica céntrase no xénero gore.

Biografía[editar | editar a fonte]

Fillo de Cora, unha pintora, e o doutor Sheldon Roth, un psiquiatra, psicoanalista e mestre da Universidade de Harvard. Foi educado baixo as ensinanzas da relixión xudía. Roth comezou a facer filme á idade de oito anos despois de ver Alien, do director Ridley Scott. Filmou preto de 50 curtas cos seus irmáns Adam e Gabe, antes de se formar na Newton South High School e de asistir á escola de cine da Universidade de Nova York.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É coñecido por interpretar a Donny "O Oso Xudeu" Donowitz no filme Inglourious Basterds de Quentin Tarantino. Forma parte do grupo de directores de cine alcumado Splat Pack, debido á súa asociación para co xénero de terror. Roth aposta por traer de volta a clasificación con R para os filmes segundo a súa violencia.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Roth no Spike TV Scream Awards do ano 2007.
Roth na Cerimonia de Premios da Academia no 2010.
Ano Filme Participa como
Director de cine Produtor de cine Guionista Actor Personaxe
2002 Cabin Fever SI SI SI SI Justin/Grim
2004 Tales from the Crapper SI
2005 2001 Maniacs SI SI Justin
Hostel SI SI SI SI American Stoner
2007 Hostel: Part II SI SI SI Cabeza nun pau (cameo)
Death Proof SI Dov
Thanksgiving SI SI
2009 Inglourious Basterds SI Donny "O Oso Xudeu" Donowitz
Nation's Pride SI
2010 The Last Exorcism SI[1]
Piranha 3-D SI
2011 The Man with the Iron Fist SI
Endangered Species SI SI SI SI
Thanksgiving SI SI SI SI
Clown SI

Premios[editar | editar a fonte]

Eli Roth presenta "Thanksgiving" no Comic Con

Premios do Sindicato de Actores[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2009 Mellor Reparto Inglourious Basterds Gañador

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]