Eleuthera
| Eleuthera | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Governor's Harbour |
| País | Bahamas |
| Localización | Océano Atlántico |
| Arquipélago | Bahamas |
| Linguas | |
| Poboación (2000) | 8.000 hab. |
| Superficie | 518 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 25°06′N 76°08′W / 25.100°N 76.133°W |
| Maior Altura | 38 m. |
| Localización | |
![]() |
|
Eleuthera é unha das illas das Bahamas. Localízase no nordeste do arquipélago, a 80 quilómetros de Nassau, e ten unha forma alongada e estreita. Ten preto de 8 mil habitantes segundo o censo do ano 2000.
O nome Eleuthera deriva da palabra grega ελεύθερος (eleutheros), que significa Ceibe.
Os habitantes orixinais das illas, os taínos e os arawacos foron deportados polos colonizadores españois para traballa-las minas da illa A Española, onde se extinguiron ao redor do ano 1550. Crese que a illa estivo deshabitada até a colonización europea que se produciu polo ano 1648, cando arribaron os primeiros peregrinos puritanos dende Bermuda, quen foron os que lle deron o actual nome á illa. Algúns cren que Cristovo Colón chegou primeiro a esta illa antes que a calquera outra das Indias.
A illa creceu prosperamente entre os anos 1950 e 1980, polas inversións feitas polos industriais norteamericanos, actualmente a principal actividade económica é o turismo. Conta con tres aeroportos: North Eleuthera Airport, Governor's Harbour Airport e Rock Sound Airport.
